Tres puntos q saben a gloria nun partido contra o Outes sufrido ata o mesmísimo final do encontro. Abría o marcador o camariñán Maikel ao materializar un penalti de Xandre sobre o dianteiro senegalés Sule xa nos últimos minutos do primero tempo. Ata ese momento o partido era un continuo ti a ti no que ningún dos dous equipos conseguira batir a meta rival. Xa no segundo tempo o Outes tivo as mellores oportunidades do partido q foron freadas por un gran Martín que pouco tempo despois incluso pararía unha pena máxima ao xogador do Outes Babu. Empataba o Outes xustamente despois de varios intentos  fallidos e con Camariñas totalmente replegado intentando repeler os continuos ataques do rival. Pero foi o FC Camariñas con un golazo de Sule a contra o que se facía ca victoria nun partido no que calquera dos dous equipos pudo ser o vencedor. Tres puntos que veñen como auga de mailo (nunca mellor dito) para que o FC Camariñas se poda consolidar nos postos altos da taboa clasificatoria. Forza Camariñas!
Nota: Todos aqueles equipos do Concello de Camariñas que desexen enviar a crónica dos seus partidos rogamos nola envíen ao mail Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. xunto con unha foto relacionada coa noticia en cuestión e todos os datos que estimen oportunos. Nos en Camarinas.eu estaremos encantados de axudar na promoción de todos e cada un dos clubes do noso concello publicando todas as notas que nos envíen.

Engadir un comentario