Partido igualado o xogado este sábado 14 de outubro no Hermanas Patiño entre os xuvenís de dous equipos cunha gran rivalidade. O FC Camariñas enfrontábase aos Miúdos nun partido moi disputado que ao final resultou en taboas. Catro a catro, ese foi o marcador co que se chegaba ao final do encontro entre estes dous equipos que loitaron ata o final para conseguir os tres puntos, nunha primeira parte donde os miudos saíron mellor e tuveron as ocasións máis claras, e cun camariñas que lle costou entrar no partido ata o 1-2. Gol que foi quen de subir ao marcador o dianteiro camariñán Adrián xusto antes de que o árbitro da contenda dera por finalizada a primeira metade deste vertixinoso encontro.

Saviola, o novo adestrador e home da casa do FC Camariñas está a revolucionar o equipo xuvenil que responde con bo xogo e mellores resultados no marcador.

Xa na segunda parte, e cun Camariñas totalmente entregado á dianteira, Os Miudos arroxaban unha xerra de auga fría ás aspiracións dos camariñáns marcando o 1 a 3. Os nenos da vila dos encaixes reacionaron de inmediato marcando o 2 a 3 no Hermanas Patiño cun gol de Adrián que poñía outra vez as cousas ben para o Camariñas aínda que volvían a marcar outra vez os xogadores dos Miudos ante o asedio do FC Camariñas que vía como todo o traballo se viña ao garete. Pero entón chegou o gol da esperanza para os nosos, o autor sería outra vez Adrián que conseguía acortar distancias metendo o 3 a 4 no marcador.

Xa no minuto 89 era o camariñán Mario o que, despois dunha gran definición propia dun goleador de primeira, conseguía o derradeiro 4 a 4 no marcador que deixaba en taboas un encontro disputadísimo entre os xuvenís do FC Camariñas e os Miúdos. Un partido espectacular onde cabe salientar a entrega dos pupilos de Saviola que desde que se fixo cargo do equipo dos xuveniles do FC Camariñas mellorou o seu rendimento considerablemente. A seguir así chavales!

Engadir un comentario