"Pero vamos a ver: Dumbría... ¿quen coñece Dumbría?" Esta desafortunada frase que se fixo popular na vila dos encaixes hai uns cantos anos debería estar desterrada xa de por vida do vocabulario camariñán de agora en adiante. Especialmente despois de ver como se organiza un club multidisciplinar levado en volandas por un concello volcado en todos e cada un dos deportes de base nos cales participan os seus pequenos cidadáns. Contando para elo cunhas instalacións máis propias dunha organización deportiva de renome internacional que dunha olvidada parroquia entre a Costa da Morte e a comarca do Xallas. Así e todo, e pese a todos os inconvenientes de estar no medio da nada, este concello xunto aos seus cidadáns souberon prepararse exemplarmente e formar unha división deportiva dunha serie de deportes que é a envexa de toda a provincia da Coruña. Entre eses deportes cabe destacar a xestión que levan a cabo do fútbol nese mesmo concello, un verdadeiro exemplo de exitosa xestión da canteira que é a envexa, xa non da comarca, se non que o é de media Galicia. Así o pudo comprobar a delegación de pais e nais camariñáns que acompañaron aos seus nenos no primeiro partido oficial da Escola de Fútbol do FC Camariñas que desputaron este sábado 14 de outubro fronte ao todopoderoso CF Dumbría.

Golazo dos benxamíns do FC Camariñas


Un encontro histórico (outro máis) ao xa mítico partido amistoso de presentación dos benxamíns, no que os rapaces da Escola de Fútbol do FC Camariñas souberon estar a altura, comportáronse extraordinariamente ben, pasarono bomba xogando ao seu deporte favorito xunto aos seus rivais e compañeiros do Dumbría e puderon estrear o seu marcador con dous golazos que anotaron os xogadores do FC Camariñas Dani e Borja. O primeiro, un golazo dende o medio do campo que o gran medio centro xaviñán anotou espléndidamente. O segundo gol obra do maravilloso dianteiro Borja non foi para menos.

O encontro comezaba baixo un extrano sol abrasador de outubro que fixo que os pequenos xogadores se cansaran máis do normal, pero aínda así tanto os nenos do Dumbría como do Camariñas dérono absolutamente todo e o máis dun centenar de asistentes ao primeiro partido de liga da escola dos camariñáns gozaron dunha espléndida mañá de fútbol infantil.

Un encontro que, a pesar da diferencia de idade e de corpulencia a favor dos rapaces do Dumbría, estivo moi igualado e que pudo acabar cun marcador moito máis axustado do resultado final (9-2), aínda que iso resultou ser o de menos, e o máis importante foi ver de novo aos nenos de Camariñas volver a competir no seu deporte favorito defendendo o mítico escudo do FC Camariñas da vila que os víu nacer.

Resumen do partido entre o CF Dumbria vs. FC Camariñas


Engadir un comentario