1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Comezamos aquí en Camarinas.eu a nosa particular aposta deportiva desta tempada 2017-18 coa publicación regular de todos os resultados deportivos acontecidos nos diferentes deportes nos que participan os equipos federados camariñáns. E facemos parada obrigatoria, como vai a ser habitual dende hoxe os luns, nos resultados balonmanísticos desta fin de semana que se cobrou con dúas victorias e dous empates. No que atinxe á primeria división nacional onde milita o Conservas Boya resaltar bo comezo de temporada que levan os camariñáns nunha categoría superior á do ano pasado aplicando un contundente 40 a 27 ao Lucero de Cangas. As rapazas do Encaixe colleitaron un empate na casa fronte ao Seis do Nadal. E con respecto ás categorías infanitles os cadetes masculinos conseguiron outro empete contra o Lucus e as féminas desta categoría resultaron vencedorqas do encontro que as enfrotaba ao Campus Ourense. 

RESULTADOS DA FIN DE SEMANA DO 1 DE OUTUBRO:


1ª Nacional:
BM CAMARIÑAS CONSERVAS BOYA 40 - 27 LUCEROS

2ª Autonómica Femenina:
ENCAIXE CAMARIÑAS CONSERVAS BOYA 27 - 27 SEIS DO NADAL

Cadete Masculino:
BM CAMARIÑAS 24 - 24 LUCUS

Cadete Femenino:
CAMPUS OURENSE 11 - 19 BM CAMARIÑAS

Engadir un comentario