1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Os medios máis importantes da Costa da Morte fixeronse eco da gran noticia que esta semana daba en exclusiva esta web. Primeiro facíao La Voz de Galicia na súa edición de Carballo o que publicaba este martes 26 de setembro unha foto na que parte da directiva do FC Camariñas era acompañada de algunhas nais dos nenos que forman parte xa das categorías inferiores do equipo da capital municipal. Contaba na mesma reportaxe o rotativo coruñés que "pais e directivos posaron felices no campo Hermanas Patiña", e así foi, pero os que máis felices estarán este domingo serán case un cento de nenos e nenas de todo o concello cando se inauguren estas escolas deportivas do Fútbol Club Camariñas.  

A noticia da creación das escolas deportivas do FC Camariñas foi cuberta polos grandes medios de comunicación da Costa da Morte

La Voz de Galicia fíxose eco do nacemento da canteira do FC CamariñasUns días despois, concretamente o venres 29 de setembro, era Radio Nordés Cadena Ser a que facía o propio facéndose eco da noticia. Unha bomba mediática dentro do noso concello que saltaba en Camariñas esta semana. No programa Ser Deportivos que dirixe o noso querido amigo Josiño foi entrevistada María José Carril Martínez, unha das nais que organizaron e levaron a cabo a milagre da nova canteira do FC Camariñas. Natural de Xaviña pero residente en Camariñas, María José descobría na emisora que dirixe o noso amigo Pepe Formoso algunha das claves que levaron a todas estas nais a formar, xunto coa directiva do FC Camariñas, estas escolas deportivas que se estrean este domingo 1 de outubro.

Tamén na mesma entrevista, María José descubría en excluisva que sería Marcial Mouzo o mestre de ceremonias da gran festa que se celebrará no Campo Municipal Hermanas Patiño. Unha festa que comezará este domingo a partires das 16:00 horas e que terá o seu culmen coa foto de familia de cáseque un cento de xogadores de todas as categorías do equipo de fútbol da vila dos encaixes. Nesta mesma entrevista María José atreveuse a baticinar un resultado do espectacular partido de rivalidade que sucederá aos actos de inauguración, proonosticando unha victoria do FC Camariñas ante o Cee por un resultado de 2-1. Finalmente María José invitou a todos os veciños e veciñas do concello a asistir a esta posta en escea da canteira do FC Camariñas e a animar a estos pequenos deportistas que van a dar os seus primeiros pasos no mundo do deporte rei. Será este domingo 1 de outubro as catro da tarde, e alí estará Camarinas.eu para dar conta de todo o que alí aconteza. 

A continuación procedemos a reproducir a entrevista realizada a María José Carril, unha das nais organizadoras da canteira, por parte de Josiño de Radio Nordés no programa deportivo Cadena Ser "Ser Deportivos".

Engadir un comentario