1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
O carismático periodista camariñán Marcial Mouzo Vidal, director do programa líder absoluto das madrugadas da radio en Galicia "Pensando en ti" e amigo da redacción desta web será o encargado de presentar a gala de inauguración das categorías inferiores do FC Camariñas no seu 40º aniversario. Confirmábao esta tarde no programa deportivo de Radio Nordés María José Carril Martínez, unha das moitas náis e pais que se desviviron traballando xunto coa directiva do FC Camariñas para obrar a milagre de que a vila dos encaixes conte cunhas categorías de fútbol infantiles dun total de 85 nenos e nenas. Así, xa pudemos confirmar que este domingo a partir das 16:00 horas, unha das lendas vivas daquel mítico FC Camariñas que foi quen de chegar a xogar de tí a tí en toda unha Rexional Preferente, terá a oportunidade de ver como o seu equipo da alma fai realidade por fin o tan anhelado soño de que o Concello de Camariñas conte con unha auténtica canteira futbolística de primeiro nivel na provincia. Unhas categorías inferiores ao cargo de adestradores e monitores ben formados, queridos e respetados polos nenos e totalmente volcados na formación futbolística e educacional dos seus pequenos pupilos. Profesionais do fútbol baixo a supervisión e total colaboración do adestrador do equipo senior Tono do Atlántico, uns pais e nais entregados en corpo e alma na organización de toda a infraestrucura necesaria e unha directiva do FC Camariñas apoiando aos anteriores codo con codo en todo o proceso.

Este domingo 1 de outubro ás 16:00 horas presentarase a canteira do FC Camariñas no Estadio Municipal Hermanas Patiño

No programa Ser Deportivos de Radio Nordés que dirixe noso querido amigo Josiño, María José Carril animou a todos os veciños de Camariñas que se acerquen este domingo para animar e apoiar a cáseque oitenta nenos e nenas que serán presentados no Hermanas Patiño para dar pistoletazo de saída á canteira do FC Camariñas. Un número de rapaces sen precedentes na historia deportiva da Costa da Morte e que fai augurar un futuro moi prometedor para esta nova etapa que comeza o equipo de fútbol da capital municipal e que ten tan ilusionados a caseque medio cento de nenos e nenas de todo o concello. Pero eso si, esto chegará a bo porto si todos e todas estamos unidos para o ben dos nosos nenos. Porque o único que importa é a ilusión e a alegría que estos cáseque cen rapaces e rapazas de todo o concello teñen depositada neste proxecto que verá a luz despois dun longo e complicado camiño que este domingo terá o seu cumio coa presentación dos nenos e nenas da canteira do FC Camariñas. Porque non hai mellor maneira de celebrar o 40º aniversario dun club de fútbol coa solera do FC Camariñas que presentando unha canteira de cáseque 100 rapaces dispostos a continuar coa tradición futboleira da vila das palilleiras. Por 40 anos máis de orjullo camariñán. Forza Camariñas!

O FC Camariñas do que formou parte destacada o periodista Marcial Mouzo Vidal
O FC Camariñas do que formou parte destacada o periodista Marcial Mouzo Vidal

 

Engadir un comentario