O soño do noso querido presidente Vicente Carril nestes derradeiros anos do seu mandato e de tantos pais e nais do concello de Camariñas fíxose realidade, e faino no 40º aniversario da fundación do equipo de fútbol da capital municipal. Máis de 50 nenos e nenas de todo o Concello de Camariñas poderán desfrutar do seu deporte favorito nunhas condicións excelentes e con adestradores preparados para educar aos menores sen ter que desprazarse ata outros concellos. Este domingo 1 de outubro celebrarase a presentación das recentemente creadas categorías inferiores do FC Camariñas despois dun arduo traballo en equipo entre a directiva do mítico equipo camariñán, Tono do Atlántico, adestrador do equipo senior e as nais e pais dos nenos que conforman xa oficialmente a canteira do FC Camariñas. Medio cento de nenos e nenas xa inscritos legalmente e con todas as garantías, terán a oportunidade de facer historia formando parte das categorías infantiles do Camariñas con con un claro obxetivo de enseñarlles a xogar ao fútbol pero ademáis educar aos pequenos futbolistas no amor ao deporte, no compañeirismo, no respeto e o traballo. E, claro que si,  todo esto sen olvidarse de facer que os nosos nenos o pasen bomba practicando o seu deporte favorito.

A presentación oficial celebrarase por todo o alto este domingo 1 de outubro no mítico "Estadio Municipal Hermanas Patiño" de Camariñas a partires das 4 da tarde ante unhas gradas que seguro estarán a rebosar de pais, nais, familiares e veciños de Camariñas orgullosos dos seus pequenos. No acto, que servirá tamén para conmemorar o 40 aniversario da fundación do Futbol Club Camariñas, presentarase tamén a equipación oficial dos nenos e nenas da canteira, e teremos a oportunidade de ver un partidiño demostración de varias das categorías inferiores que xa levan adestrando desde hai unhas cantas semanas. A continuación desputarase o encontro pertencente a liga da costa entre o FC Camariñas contra o UD Cee que será presenciado en tribuna polos nenos da canteira que seguro soñarán neses instantes con verse xogando no equipo senior dentro duns aniños. Por que de eso mesmo se trata, conseguir unha continuidade dende as categorías inferiores cara ao equipo senior mediante unha canteira ben deseñada. O paso está dado, agora comeza o traballo para conseguir outros "40 anos de Orjullo Camariñán". Noraboa a todos os que o fixeron posible.

Cartel da presentación da canteira do FC Camariñas

Engadir un comentario