1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Intenso fin de semana onde a alma deportiva do Concello de Camariñas vai explotar como unha erupción volcánica en toda a súa inmensidade. A borbotóns veremos como a nosa xuventude (e algún que outro veterano) sae ás distintas canchas municipais a dalo todo para defender o bo nome das nosas terras. Todo comenzará o sábado 11 de abril cando no Areal o CB Camariñas compita contra o Chapela a partires das 19:00 horas. Despois xa será o domingo no taurino horario das cinco da tarde, esa hora fatal na que comenzou o llanto por Ignacio Sánchez Mejías, cando, e sin que se poida decir que houbera moita sincronización, no Hermanas Patiño e no Rodeiro os tres clubes futbolísticos do noso concello se deixen o pelexo por tres sinxelos puntos, non de sutura, nin de exame nin, por suposto que eso xa son palabras maiores, dunha oposición, pero si deses que definen ao final o teu posto nunha táboa clasificatoria e que deslindan eses tres mundos antagónicos que son o ascenso, a permanencia e o descenso. Puntos, en definitiva, que separan o ceo do inferno.

 

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.