1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Nesta Semana Santa camariñana tamén poderemos desfrutar de actividades deportivas paralelas da XXV Mostra do Encaixe de Camariñas. Así este xoves 2 de abril o Estadio Municipal Hermanas Patiño vestirase de gala para recibir o duelo por todo o alto entre o FC Camariñas e o CF Porteño que desputarán o preciado Torneo Mostra do Encaixe. O encontro está previsto que se celebre ás 18:00 horas. E tamén o próximo sábado, 4 de abril, con motivo da XXV edición da Mostra do Encaixe de Camariñas, terá lugar un ano máis o Torneo de Balonmán Feminino Mostra do Encaixe. Este ano dito Torneo será disputado pola Selección Galega Absoluta e o Balonmán Gijón, que compite na categoría "división de honra prata feminino". O encontro disputarase ás 18:00 horas no pavillón polideportivo de A Ponte do Porto (Camariñas). Está organizado polo Club Balonmán Camariñas e o Concello de Camariñas, coa colaboración da Federación Galega de Balonmán, a Mostra do Encaixe de Camariñas e Industrias Cerdeimar.

 

Engadir un comentario