1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Derradeiro encontro de 1º Autonómica Femenina para o Encaixe que viaxaba a Caselas para acadar a victoria 25-26. Encontro onde o Encaixe se xogaba afianzar o quinto posto na clasificación. As palilleiras dominaron durante case todo o encontro co seu xogo dinámico en ataque dirixido polas centrais Aida e Cris Barreiro.  Xustas transicións de contraataque xa que o equipo Camariñan viaxou con baixas de xogadoras máis habituais: Sara Carril, Karina, Cristina Sande, Tinita, Alicia Ogando e Gloria, sendo sustituidas por xogadoras da Canteira. O equipo visitante foi cunha vantaxe de 3 goles ó descanso 9-11. Na segunda parte as do encaixe saíron un pouco descentradas permitindo o equipo rival empatar o encotro nos 7 primeiros minutos. Pero as palilleiras foron quen de voltar a vantaxe deses 3 goles. Xa nos últimos minutos o Salceda volve empatar o encontro que se desenvolveu cun traballado último minuto onde as do Encaixe marcan o gol da victoria. Desta maneira o BM ENCAIXE BOYA afianza ese 5º posto na clasificación igualando ó da tempada pasada.

B.CASELAS (25): Mº Carmen, Sara (6), Antia, Silvia (1), Antia Gzlez (10), Elena, Ana, Lorena, Aida, Soraya, Jennifer, Beatriz, Patricia, Iris (3), Zara (5).
BM CAMARIÑAS (26): Miriam e Sara (gardaredes), María (2), Cris Barreiro (7), Andrea, Aida (6), Nerea, Verónica, Cristina Caamaño (4),Laura (7), Alicia Rodriguez, Laura Castro e Agueda Antelo.

Engadir un comentario