1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Dende o comezo do encontro as xogadoras camariñanas non se sentiron cómodas na cancha. A pesares desto  foron capaces de encontrar solucións cara o gol pero a gardaredes visitante impedía que as palilleiras anotaran. Aínda asi o partido chegou o descanso  por un resultado axustado. Na segunda parte poucos cambios se produciron no xogo, as xogadoras non deron encontrado o camiño do gol o cal impediu sacar un resultado favorable O partido non foi fácil po Camariñas polos contratempos  de Aida, Laura e finalmente o de Sara Carril que no minuto 10 da segunda parte lesionouse o xeonllo. A xogadora esta a espera da valoración médica para saber o alcance desta. A pesares deste contratempo o equipo dou a cara durante todo o encontro, tendo as menos habituais minutos para disputar o partido.

BM Camariñas: Oanes (2), Barreiro (3), Aida, Sara carril (4), Nerea (1), Vero (2), Sara, Sande,  Caamaño (1), Laura (6), Ogando (2), Cris Blanco, Gloria.
BM Rasoeiro: Mar (1), Carla (7), Adriana (2) Antía(2), Mª Jesus (2), María (2), Patri (1), Uxía (9), Lara (3)

Engadir un comentario