1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Este vindeiro domingo 8 de marzo de 2015 terá lugar a IV Carreira Pedestre Concello de Camariñas, unha proba que nacida durante a época na Concellería de Deportes de Juan Manuel Cabrejo Pasantes colle deste xeito solera e prestixio no circuito atlético galego. Así pasou xa a formar parte do Circuito de Carreiras Populares Correndo pola Costa da Morte que asemesmo cumpre o seu segundo aniversario. O programa esbozado recolle ata seis categorías distintas e ten o seu prazo de inscripción aberto ata o 4 de marzo e como detalle importante preveé unha fila cero a favor da Asociación Contra o Cancro para que aqueles que así o desexen fagan un donativo para axudar a imprescindible laboura que acomete de xeito exemplar a AECC. En definitiva, todo listo para recibir a primavera que temos en porta correndo e desfrutando no marco incomparable dos paisaxes camariñáns.

 

Engadir un comentario