1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Unha nova victoria do Bm Encaixe Boya fronte o Bueu Atle cun apretado 31-30. Boa entrada no pavillón do Areal para recibir ó Bueu. Durante todo o encontro as de Camariñas foron por diante pero non foron quen de abrir unha boa renda. Unha frouxa defensa con moitos desaxustes permitía ó Bueu ir a remolque pero sin soltarse das palilleiras. “O importante deste encontro son os dous puntos que sumamos. A vindeira fin de semana esperanos un gran encontro fronte o Sar de Redondela, e ahí veránse as opcións que temos nesta fase pola loita do título. De todas formas o equipo está traballando moi ben asi que seguiremos loitando”.

BM. CAMARIÑAS (31): Gloria e Sara (gardaredes); María (2), Laura (7), Sara Carril (10), Aida (5), Cris Barreiro (5), Cristina Caamaño, Alicia Ogando (2), Andrea, Nerea, Tinita, Verónica, Isabel e Cristina Sande. 

ATLÉTICO BUEU(30): Paula (gardaredes); Ainoa (2), Sara Patiño (8), Laura (2),Sara (10),Andrea, Lucia, Aida (2), Claudia e Laura.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.