1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Moi bo comezo do Bm Camariñas Encaixe Boya nesta fase pola obtención do título de 1º autonómica feminina fronte ó Rasoeiro Bm 23-30. Xa dende os comezos, o Encaixe foi quen de mandar no marcadador cunha contundente defensa e facendo gol en tódolos seus ataques, mantendo así unha cómoda vantaxe durante a primeira parte chegando ó descanso cun 10-18. Na segunda parte o equipo do Rasoeiro plantexaba o cambio defensivo para intentar parar o ataque das camariñanas que estaban facendo gol con claridade chegando a ter 12 goles de vantaxe. Non foi ata os 10 últimos minutos e con outro cambio defensivo por parte das Grovenses cun 3:3 e aproveitando a doble inferioridade numérica das do Encaixe para maquillar un pouco o marcador e revaixar a renda rematado o Encontro 23-30. Destacar a nova incorporación ó equipo dunha veterana gardaredes, Gloria que xunto a Sara e a Miriam permiten ó equipo unha boa continuidade de tempada.

RASOEIRO BM: Alba (gardaredes), Mar, Carla (3), Ariatna (1), Andrea (2), Tania, María (2), Patricia, Uxía (4), Lorena (4), Lara (3), Mº Jesús (4).
BM CAMARIÑAS: Gloria e Miriam (gardaredes), María (2), Cris Barreiro (1), Andrea, Sara Carril (9), Aida (6), Nerea, Verónica, Cris Caamaño, Laura (10), Alicia, Tinita (2).

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.