1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Duas derrotas e un empate foi a bagaxe da pasada xornada dos nosos eqipos na Liga da Costa. Tan só o Porteñe foi quen de puntuar nunha xornada onde o Camelle caeu ante o líder no Rodeiro e o Camariñas voltaba a perder inmerecidamente nun partido onde o Castriz ten que aprender moito en canto a "fair play" se refire. Na categoría xuvenil, o Camariñas xogarase o primeiro posto desta primeira fase en Cabana ante o equipo locatario, unha victoria daríalles ese primeiro posto aos Camariñas mentres que o Porteño queda a seis do líder traso empate acadado ante o Baio. En canto a categoría cadete se refire, As Baleas goleou con contundencia ao Coristanco e parece que volta ao bó camiño de xogo e resultados.

LIGA DA COSTA


CAMELLE 0-4 SAN LORENZO
Derrota do Camelle de Varu que pouco puido facer ante un líder como é o San Lorenzo que se amosou superior, si ben é certo que o resultado foi máis abultado do que se veu no terreo de xogo, onde o Camelle presentoulle dificultades e respondeulle ao líder sobre todo na primeira metade.
Pese a recibir o primeiro gol no minuto 1, o Camelle tivo ocasións antes do descanso pero non atinou.
No segundo tempo, e tras o segundo gol, os visitantes dominaron o partido e controlaron a un Camelle que sabía que ese partido non era da súa liga.
A vindeira xornada o Camelle xogará en Fisterra na xornada que pecha o ano 2014.

PORTEÑO 1-1 FISTERRA

Empate do Porteño do Roski nun partido onde todo se decidiu no primeiro tempo e no que o respeto mútuo foi o denominador común da segunda metade.
Comezou o partido con moita igualdade e cós dous equipos tratando de resguardar a súa porta pera non recinir goles. Sería o Porteño a través de Carlos Meu Lar quen se adiantaría no encontro a media hora de xogo pero antes do descanso empatarían os Fisterráns e o marcador xa non se movería ata o final do encontro tras unha segunda metade onde pareceu que ámbolos conxuntos se conformaban có empate.
Un puntiño para os do Roski que pouco a pouco van sumando para escapar dos postos perigosos.
A próxima xornada, a derradeira do 2014, o Porteño visitará ao Volantes de Baño.

CASTRIZ 3-2 CAMARIÑAS
Caeu o Camariñas de Gerpe en Castriz nun partido marcado polo pouco fair play por non decir nuingún, mostrado polo Castriz, quen aproveitou unha lesión dun xogador Camariñán para empatar un partido que iba perdendo e de non ser por ese gol a cousa houbera cambiado sen lugar a dúbidas.
Adiantábase o Camariñas por medio de Yuyo e empataríanlle o encontro tras a xogada "anti-deportiva" levada a cabo polo Castriz e por se fora pouco, antes do descanso e en claro fora de xogo, os locais marcaban o dous a un ante a impotencia dos Camariñáns.
Tras a o descanso, Sule empataría para os de Gerpe pero a alegría durou pouco xa que o Castriz marcaría o terceiro pouco despois.
Non está a ter sorte coas arbitraxes recibidas e por Camariñas xa se está ata o gorro de tanto erro sempre no mesmo sentido.
A vindeira xornada antes do parón de Nadal o Camariñas recibirá no Hermanas Patiño ao Montelouro.

LIGA XUVENIL


PORTEÑO 1-1 BAIO (a vindeira xornada o Porteño visita ao Ponteceso)
CAMARIÑAS 3-1 CORISTANCO (a próxima xornada o Camariñas xoga en Cabana)

LIGA CADETE


ASBALEAS 7-3 CORISTANCO (a vindeira xornada As Baleas xogan en Outes)

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.