4.68 1 1 1 1 1 Rating 4.68 (25 Votes)

Os árbitros suspenden incomprensiblemente o partido do C.B. Camariñas a falta de 30 segundos para o final

Estábamos todos os congregados no pavillón municipal de Camariñas a desfrutar dun trepidante partido entre o Club Balonmán Camariñas e o Atlético Novais de A Guarda, cando a falta de trinta segundos para o final, cun resultado de 28 a 26 a favor do equipo local e tras unha incomprensible pérdida de balón dun xogador camariñán no medio campo, un dianteiro do Atlético Novais que encaraba en solitario a portería do Camariñas (e o cal xa viña bastante quente dunha xogada anterior), foi obxecto dunha clara falta por parte do xaviñán Felipe. Este xa no instante douse conta da gravidade da súa acción e que esta era merecedora dunha exclusión fulminante, e cando xa se dirixía cara o banquiño local foi obxecto dunha brutal agresión do xogador visitante que recibío a falta. Entón formouse unha tangana de considerables proporcións a cal durou uns dous ou tres minutos, e cando xa estaban arranxadas as cousas entre os dous equipos, os árbitros nunha decisión incomprensible e cobarde (esperemos que polo menos non cobren por este partido) decidiron suspender o partido ante o estupor do público e dos propios xogadores dos dous equipos, os cales non entenderon esta actuación arbitral e incluso sairon xuntos ao centro do campo a saudar ao público que aplaudío o xesto deportivo, frustrando así o debut do campión olímpico de balonmán coa selección da URSS  en Seúl 88 Yuri Nesterov, un auténtico tanque soviético que seguramente lle vai a dar tardes de gloria ao C.B. Camariñas.

Engadir un comentario