Unha xornada máis da Liga da Costa onde por desgracia, ningún dos nosos equipos puido conseguir a victoria. Camariñas e Camelle acadaban un empate ante o Carnota e o Buño, mentras o Porteño sufría unha goleada en Verdillo ante o líder San Lorenzo. En xuvenís o Camariñas gañou en Laxe mentres que o Porteño empataba na casa do líder o Cabana. As Baleas en categoría cadete, tocoulle descansar.

LIGA DA COSTA


BUÑO 1-1 CAMELLE
Empate do Camelle de Varu que sabe a pouco despois de ver o acontecido no terreo de xogo ao longo dos noventa minutos de partido.
Dominou o Camelle e foi mellor que o equipo local, pero a falta de puntería no remate final, fixo que o Camelle tan só puidera traer consigo un punto dende Buño.
O gol do conxunto Camellán foi obra de Mario que ao pouco de iniciarse a segunda metade, poñía por diante aos de Varu q puideron sentenciar o partido antes de que o Buño acadase o empate.
Nótase que o Camelle está recuperando efectivos e iso permítelle ao adestrador Camellán, poder plantexar os encontros de our¡tro xeito e así plantarlle cara a calquera que sexa o rival.
A vindeira xornada o Camelle recibe ao líder, o San Lorenzo.

SAN LORENZO 5-1 PORTEÑO
Derrota clara do Porteño do Roski ante un líder como é o San Lorenzo que demostrou ser un equipo moi sólido e eficaz e foi quen de endosarlle cinco goles aos da Ponte do Porto.
Mal partido do Porteño que non saleu ao terreo de xogo como nos tiña acostumados e aos 15 minutos perdía por dous a cero, unha louso que foi imposible de levantar e que arrostrou aos do Roski a encaixar unha goleada.
Cristian sería o autor do gol da honra dos  da Ponte xa ben avanzada a segunda metade.
Ten que facer borrón o Porteño do sucedido e pensar xa na seguinte xornada onde recibirán ao Fisterra no campo da Grixa.

CAMARIÑAS 2-2 CARNOTA
Empate do Camariñas de Gerpe nun partido moi disputado e moi igualado que finalmente remataría en táboas.
Chegaba o Camariñas novamente con moitas baixas pero plantándolle cara a un rival que tamén se encontra nos postos baixos da clasificación, de feito ambos equipos están empatados a puntos despois do empate acadado, e faría o máis difícil o Camariñas que é colocarse por diante no marcador, pero dou minutos fatídicos, o 50 e o 51, o Carnota acadaba dous goles que os poñían por diante no marcador. A falta de quince minutos, empataría o Camariñas e o marcador xa non se movería.
Non para o Camariñas que o luns 8 de decembro xogaba a previa da Copa da Costa.
A próxima xornada o Camariñas visitará ao Castriz.

LIGA XUVENIL


LAXE 1-3 CAMARIÑAS
CABANA 2-2 PORTEÑO
A falta de catro xornadas, Camariñas e Porteño están en disposición de loitar por ser primeiros nesta fase inicial do campeonato ligueiro, o Camariñas e segundo a dous puntos do líder, o Cabana, mentres que o Porteño é terceiro a catro puntos do líder.
A vindeira xornada o Camariñas recibirá ao Coristanco mentres que o Porteño recibirá ao Baio.

LIGA CADETE


Descansou As Baleas de Vi a espera de enfrontarse ao Coristanco no Hermanas Patiño a xornada próxima.

Engadir un comentario