Nova xornada onde cabe destacar o gran derbi vivido no campo da Grixa entre Porteño e Camelle, ambiente pr todo o alto nun partido que como mandan as tradicións, houbo de todo, goles, emoción, polémica arbitral .... e no que finalmente tralo pitido final, trouxo consigo un reparto de puntos q lles serve aos dous equipos para seguir sumando pasiño a pasiño. Empate tamén o que trouxo o Camariñas dende a terra dos alfareiros, de Buño, nun partido onde houbo media ducia de goles, nun encontro no que o Camariñas chegaba con once homes xustos e donde perdonou demasiado a un rival que o tivo contra as cordas. As Baleas cadete perdeu o seu partido en Ponteceso por un claro tres a cero. Os xuvenís do Camariñas e Porteño gañaron pola mínima a Corme e Coristanco respectivamente e son segundo e terceiro na clasificación.

LIGA DA COSTA


PORTEÑO 2-2 CAMELLE
Partidazo cheo de emoción o que disputaron Porteño e Camelle nun campo ateigado ata a bandeira con aficionados de un e outro equipo que non pararon de animar aos seus.
Tanto Roski como Varu, sabían que era un partido chave, dos que é importante gañar pero sobre todo non perder e o reparto de puntos final, contentou a uns e a outros se ben é certo que o resultado final poido haber sido calquera outro.
Derbi que empezaría marcando moi cedo o Porteño por medio de Roi, un Porteño que saleu a por todas e que dominou na primeira metade a un Camelle que saleu do vestiario un tanto frio e donde se veu sorprendido polo ritmo marcado polos do Roski.
Tras o descanso, serían os de Varu os que sairan con máis folgos e sairon a por todas dende o primeiro minuto da segunda metada, motivo polo cal, Felisiano aproveitaba un barullo con varios rexeites na áerea do porteño para batir a Bonano. Quedaba inda media hora de xogo cando o marcador reflexaba empate a un gol.
A tónica do parido sería sendo a mesma, balóns longos e xogadas a balón parado para tratar de dominar ao rival, onde o Camelle parecía que se desenvolvía mellor e así a falta de vinte minutos, Mario marcaba de penalti o segundo para o Camelle, xogada na que o colexiado comete un erro e expulsa a Caamaño cando o que cometeu a infracción sería outro xogador do Porteño, erro que facía que o Porteño afrontara o treito final cun home menos.
Tocou remodelar o dibuxo táctico por parte do Roski que arriesgo índose ao ataque e saleulle ben, pois a falta de dez minutos, Iago marcaba o empate a dous despois de botar maxistralmente unha falta dende a frontal do área.
Tería máis emoción o partido xa que os dous equipos querían gañar e tería unha ocasión máis o Porteño no desconto pero o balón de Cristian foi ao trave.
Empate a puntos, táboas no derbi onde Porteño e Camelle loitaron ata o final nun partido dos que fai afición.
A vindeira xornada o Porteño visitará ao líder, o San Lorenzo, mentras que o Camelle recibirá no Rodeiro ao Buño.

BUÑO 3-3 CAMARIÑAS
Empate valioso acadado polos de Gerpe nun partido onde o Camariñas chegaba a Buño con tan só once homes para disputar o encontro.
Pese as adversidades, este Camariñas crécese e da a cara diante de calquera rival e de ter máis sorte de cara a portería rival, moitos dos últimos resultados houberan tido outro marcador, marcador máis favorable para os Camariñáns.
Adiantaríanse os de Gerpe por mediación de Sule, pero antes do descanso nun gol dos chamados psicolóxicos, empatarían os locais.
Trala reanudación, un Camariñas sen complexos e con moita xuventude no terreo de xogo, voltaría a adiantarse desta vez cun gol de penalti que transformaría Martín. A partir de ahí, o Camariñas tería varias e moi boas ocasións para sentenciar o partido pero os erros normalmente páganse en forma goles por parte do equipo contrario, o que perdoa.... e así foi, o Buño empataría o encontro pero Martín novamente de falta directa, metía por terceira vez aos Camariñáns por diante no marcador, pero non souperon gardar esa ventaxa e a falta de un minuto para o final, o Buño marcaría o terceiro que deixaba o electrónico no tres a tres final.
Punto que sabe a pouco para os da terra do encaixe pero que teñen que facelo bo a próxima xornada onde reciben ao Carnota no Hermanas Patiño.
Décimo segundo clasificado está o Porteño con 16 puntos. Camariñas é cuarto pola cola con 12 e o Camelle penúltimo con 6.

LIGA XUVENIL


Victorias de Camariñas e Porteño que son segundo e terceiro respectivamente con 28 e 27 puntos a tiro teñen ao líder Cabana que ten 31.
PORTEÑO 1-0 CORISTANCO ( a vindeira xorna o Porteño visita ao líder, o Cabana)
CORME 1-2 CAMARIÑAS (a próxima xorna o Camariñas xoga en Laxe)

LIGA CADETE


PONTECESO 3-0 AS BALEAS
Derrota por tres goles a cero das Baleas de Vi que non están atravesando por un bo momento e no que esperemos que a vindeira xornada na que descansarán lles sirva para coller folgos e voltar a gañar partidos para tratar de escalar postos na táboa clasificatoria.
Séptimo posto o que ocupan As Baleas na táboa clasificatoria a oito puntos do líder, o Cabana.

Engadir un comentario