1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Festa do balonmán no Concello de Camariñas coa presentación dos equipos de balonmán da localidade. O Encaixe enfrentábase a un Ferroltera que en campo local fixo sufrir as camariñanas. Éstas, presentaban a baixa de Karina para dito encontro pero o equipo foi quen de apoderarse tanto no xogo como no marcador dos dous puntos. Moi centradas sairon as palillerias ó campo pensando na importancia de acadar a victoria. Unha boa actuación do equipo en ataque creando situacións claras de gol que aproveitaban para adiantarse no marcador e así chegar ó descanso cun 12-9. Xa na segunda parte, a rotación das xogadoras favoreceu na claridade no xogo liderado en defensa pola gardaredes Sara. “ Moitas xogadoras están atopando o seu sitio aportando todas e cada unha delas para acadar resultados como o desta fin de semana. Si seguimos traballando así aínda temos moito que decir nesta liga” afirma a adestradora.

BM ENCAIXE BOYA (28): Sara e Miriam; Laura (7), Cris Barreiro (4), Aida (5), Maria (2), Sande (3), Sara (3), Cristina Caamaño (4), Verónica, Tinita, Andrea, Alicia e Nerea.
BM FERROLTERRA (19): Berta (2), Jenny, Carmen (2), Icia, Jessica, Nerea, Norma (5), Noe (4), Andrea, Ari, Merce (2), Carla (4)e Marta.

As xogadodoras Sara Carril Rey (xuvenil) e Minia Calvo Canosa (cadete) están convocadas coa Selección Galega de Balonmán xuvenil e cadete que xogarán no Torneo de Cambados que se disputará esta fin de semana.

Engadir un comentario