1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Mala xornada a vivida este pasado fin de semana onde contamos por derrotas os partidos xogados dos nosos equipos da liga da costa. Camelle, Porteño e Camariñas perderon os seus correspondentes partidos ante o Seaia, Buño e Mazaricos respectivamente. A nota positiva da xornada foi a victoria con rementada incluida dos cadetes das Baleas que rompen deste xeito unha mala racha de resultados. En canto a liga xuvenil, Camariñas e Porteño continúan coa súa tempada triunfal e a falta de poucas xornadas, siguen loitando polo primeiro posto da clasificación.

LIGA DA COSTA


CAMELLE 0-1 SEAIA
Non mereceu a derrota o Camelle de Varu ante o Seaia nun partido xogado no Rodeiro onde a climatoloxía arrastrada de dias atrás, deixou o campo impracticable, pero a pesar diso, a brega foi constante e o Camelle foi mellor en todo menos no que vale, de cara gol, onde os visitantes aproveitaron a ocasión que tiveron para levarse os tres puntos.
Desta vez tocoulle a Felisiano colocarse baixo os paus ante as baixas que arrastraba o conxunto Camell-an, a pesar diso, o Camelle foi mellor, mandou durante os 90 minutos do partido pero a falta de efectividade pagouna cara e costoulle tres puntos. Está a ser a clave neste comezo de tempada, pois o Camelle xenera ocasións pero non as materializa.
Ten que seguir traballando do mesmo xeito e os premios en forma de victorias chegarán cando se acabe esta mala racha que sofre o Camelle nos metros finais, que son os que dan as victorias.
A vindeira xornada haberá derbi, o Camelle enfrontarase ao Porteño nun partido de máxima rivalidade deportiva.
PORTEÑO 2-4 BUÑO
Derrota do Porteño do Roski ante o Buño nun partido tolo onde o balón parado foi clave para lograr os goles de un e outro bando.
Cun terreo de xogo en mal estado, os dous equipos optaron polo xogo en longo e as xogadas a balón parado para facerse dano mutuamente.
Púxoselle o partido de cara aos do Roski, pois xusto antes do descanso adiantaríanse no marcador cun gol en propia meta dos visitantes. Na segunda metade cambiou o tema, o Buño salía a por todas e dáballe volta ao marcador e colocábase tres a un ao seu favor. O segundo dos da Ponte do Porto de novo en propia meta, dáballes alas para tentar o empate pero o Buño mataría o partido co cuarto e definitivo gol.
Ten que olvidar esta derrota o Porteño e centrarse no seguinte, onde lle espera o Camelle nun apaixoante derbi que se disputará na Grixa.
MAZARICOS 3-1 CAMARIÑAS
Derrota do Camariñas de Gerpe que caeu nesta xornada ante o Mazaricos nun partido ao que chegaban os Camariñáns con moitas baixas sobre todo na parcela defensiva.
O marcador final é algo máis abultado do que se veu no campo, nun terreo de xogo que era unha lameira e donde únicamente o maior oficio dos locais nas xogadas a balón parado, foron clave para que os de Mazaricos se levaran a victoria e os tres puntos.
O gol do Camariñas foi obra de Yuyo.
Necesita o Camariñas encadear duas victorias seguidas que lle dean moral a un equipo moi novo que está pagando a falta de experiencia, pero por xogo e ocasións, non merecería estar tan abaixo na clasificación.
A vindeira xornada o Camariñas visitará ao Buño.

LIGA XUVENIL


CAMARIÑAS 4-2 ZAS (a próxima xornada o Camariñas xogará en Corme)
LAXE 2-6 PORTEÑO (a próxima xornada o Porteño recibirá ao Coristanco)

LIGA CADETE


AS BALEAS 2-1 BAIO
Victoria das Baleas de Vi que rompen deste xeitos unha racha de tres derrotas consecutivas que viña sufrindo.
Partido no que os de Vi tiveron que remontar un tanto dos visitantes que se puxeron por diante no marcador, o fútbol ao patadón do Baio provocou que as Baleas se contaxiara por momentos e non fora capaz de facer ese fútbol elaborado ao que nos ten acostumados, pero a falta de vinte minutos para o final, os Camariñáns comezaban a remontada e se fixro real cando só faltaban dous minutos para o final do partido.
Tres puntos balsámicos que serán mellores si a próxima xornada vencen a domicilio ao Ponteceso.

Engadir un comentario