Primeira xornada no que vai de campeonato no que ningún dos nosos equipos perdeu no campeonato ligueiro costeiro. O Camariñas conseguía unha victoria chave para tratar de alonxarse dos postos de descenso mentras que tanto Porteño como o Camelle, acababan sendos empates a domicilio por un mesmo resultado final de empate a dous goles, un Camelle que sufríu un atraco en Cabana, onde novamente o colexiado do partido actuou en contra dos intereses Camellánn impedindo que os de Varu trouxeran de Cabana tres puntos que os tiñan no peto. As Baleas de vi, seguen coa mala racha de resultados e volveron a caer derrotados en Esteiro ante o conxunto local.

LIGA DA COSTA


CAMARIÑAS 2-0 PONTECESO
Victoria merecida do equipo de Gerpe que acada deste xeito tres puntiños de ouro para escapar dos postos de descenso e acadar así unha victoria que lle dea folgos a un Camariñas que de seguro vai ir cara arriba.
Partido marcado polo vento que soplou con moita forza no Hermanas Patiño facendo que uns e outros se tiveran que empregar a fondo. Pero sería o Camariñas quen mellor se adaptaría ao medio e quen marcaría o ritmo do partido a pesar de que na primeira metade xogaba co vento en contra e pronto Yuyo, poría por diante aos Camariñáns que chegarían ao descanso co resultado de un gol a cero.
Na segunda metade e cós de Gerpe co vento en popa, Yuyo novamente acadaría o segundo gol que deixaba o partido encamiñado e sentenciado.
Gran resultado para este xoven Camariñas plagado de xente moi nova que vai collendo experiencia na categoría e irá a mellor.
A vindeira xornada o Camariñas rendiralle visita ao Mazaricos.

CABANA 2-2 CAMELLE
Empate a dous goles do Camelle de Varu nun partido no que un colexiado totalmente parcial, impediu que os Camelláns trouxeran consigo tres puntos máis que merecidos.
Adiantaríase o Camelle moi pronto por mediación de Felipe froito da salida en tromba dun Camelle que iba a por todas. Non se conformou o Camelle con ese gol e seguíu dominando o partido, froito dese dominio chegaría o segundo gol do Camelle por medio de Pantera Jr. A partir de ahí o colexiado comezaría a "tolear" en contra do Camelle e a sacar de quicio aos de varu. Antes do descanso acurtaba distancias o Cabana ao marcar de penalti máis que dubidoso.
Tras o descanso chegaba o escándalo, o empate do Cabana en claro fora de xogo, motivo que propiciou as protestas dun Camelle que mereceu pese a todo e por oportunidades que tivo, levarse os tres puntos.
Ten que olvidarse dos árbitros o Camelle pq xa sabe que lle van a quitar e non a dar nada e este punto ten que ser un punto de inflexión para ir cara arriba.
A próxima xornada o Camelle recibirá no Rodeiro ao Seaia.

SEAIA 2-2 PORTEÑO
Partido épico do Porteño do Roski que acadou un valioso punto en terras Malpicanas no tempo de desconto.
Non saleu ao terrreo de xogo o Porteño metido no partido como sole ser habitual o Porteño e pagouno cara, pois en quince minutos de encontro xa iba perdendo por dous goles a cero. Pero este Porteño ten garra e comandados polo Roski dende o banquillo, foron en busca da remontada e por medio de Carlos do Meu Lar, acurtaba distancias antes do descanso.
Tras o tempo de lecer, o Porteño seguiu intentando a remontada e buscaba unha e outra vez a portería contraria pero non tiña o premio do gol, un premio que chegaba no último minuto de desconto do partido cando Cristian aproveitaba para marcar o segundo do Porteño que lles daba un valioso punto para seguir sumando.
Está o Porteño facendo unha gran tempada e a situación cómoda da táboa clasificatoria así o demostra.
A vindeira xornada o Porteño recibe na Grixa ao Buño.

LIGA XUVENIL


PORTEÑO 1-3 CAMARIÑAS
Victoria do Camariñas no derbi disputado a xornada pasada entre os dous equipos que nos representan nesta liga xuvenil
A próxima xornada o Camariñas recibe ao Zas mentras que o Porteño visitará ao Laxe.

LIGA CADETE


ESTEIRANA 5-3 AS BALEAS
Derrota das Baleas de Vi en Esteiro nun partido que ben puido ter outro resultado pero no que finalmente foi así.
Non está a pasar un bo momento de resultados As Baleas e necesita cambiar esta dinámica e para elo será importante acadar unha victoria diante dun Baio que ten que pagar os pratos rotos.

Engadir un comentario