1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
O equipo visitante contaba coa baixa da zurda Karina que sigue con problemas de saúde. As camariñanas chegaban a Pontevedra sabendo o importante que era levar para a casa os dous puntos xa que sería un pasiño de xigante para optar a seguinte fase onde poder obtar ó título. Pero os nervios foron os protagonistas nos primeiros minutos do encontro xa que con desaxustes defensivos e a non claridade en ataque fronte a proposta defensiva do equipo Pontevedrés levaron a poñerse por diante chegando ó minuto 8 cun 6-2. Foi aquí, e tras un tempo morto solicitado pola adestradora das camariñanas, onde o equipo solucionou os erros defensivos e se platexou un ataque más eficiente chegando a empatar o encontro e rematando a primeira metade cun 10-12 a favor das palilleiras. Na segunda parte a dinámica foi a mesma, moitas pérdidas de balón en ataque pero as diferentes intervencións feitas pola gardaredes Sara permitiu manter a diferencia no marcadar acadando un resultado final 17-20.

 

S.D. TEUCRO (17): Tania (p)Ana (3), Paula (2), Angela (3), María, Danilam, Alexandra (7),Alba (1), Anais, Elena (1), Patricia.
B.M.CAMARIÑAS (20): Sara (Miriam); María, Laura (3), Aida (6), Cris Caamaño (1), Nerea, Cris Sande (e.t), Cris Barreiro (5), Sara Carril (5), Verónica, Tinita, Andrea.

Engadir un comentario