1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Non foi unha xornada nada positiva a disputada o pasado fin de semana onde os nosos equipos que están loitando na Liga da Costa non conseguiron vencer en ningún dos tres partidos disputados.

O Porteño do Roski foi o único que sacou algo positivo acadando un empate a dous tantos no campo da Grixa ante o Cabana nun partido tolo, de ida e volta, onde os ataques predominaron sobre as defensas e a media hora de xogo o resultado era xa de empate a dous goles. Roi e Caamaño, foron os goleadoros do Porteño que suma deste xeito un novo punto que o manten nos postos tranquilos da clasificación. 

Peor sorte tivo o Camelle de varu, pois debido a gran cantidade de baixas que ten o conxunto Camellán, tivo que comezar o encontro con tan só 10 homes xa que debido a motivos laborais, Tedín chegaba para completar o once cando xa ían transcurridos 25 minutos de partido e iso ante o todopoderoso Zas, e un lastre moi grande e o Zas levouse o partido a pesar de que o Camelle nunca se dou por vencido. Valiña foi o goleador do Camelle.

O Camariñas de Gerpe tamén caeu con contundencia ante o Baiñas por tres goles a cero. Un Camariñas plagado de xuvenís debido a gran cantidade de baixas que ten o conxunto que preside Vicente Carril, intentouno todo para sacar algo positivo pero o traballo realizado non tivo os froitos desexados.

Despois de dez xornadas disputadas, o Porteño está situado no décimo posto da clasificación con 14 puntos, mentres que o Camariñas é cuarto pola cola con 8 puntos e o Camelle penúltimo con 4 puntos. A vindeira xornada o Porteño visitará ao Seaia, o Camelle rendiralle visita ao Cabana, mentres que o Camariñas recibirá no Hermanas Patiño ao Ponteceso.

Na liga xuvenil, o Camariñas goleou ao Malpica por seis goles a un mentres que o Porteño gañoulle ao Zas a domicilio por cero goles a un. A próxima xornada Haberá derbi entre Porteño e Camariñas có segundo posto en xogo.

No correspondente a liga cadete, As Baleas de Vi viña de recibir un dos maiores atracas habidos e por haber no mundo do fútbol, un atraco a man armana no que un colexiado actuando con maldade, fixo que As Baleas caera en Cee por 4 goles a 3, traendo consigo un amplio parte de sancións debido a como era lóxico, as protestas dos nosos que se viron impotentes ante tal actuación do trencilla. Parece que na mente dos nosos ainda estaba dito partido e As Baleas caeu no Hermanas Patiño ante o Fisterra por un gol a cinco. Toca pasar páxina e pensar en vindeiros compromisos ligueiros, onde na próxima xornada, As Baleas xogarán en Esteiro ante a Esteirana.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.