1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Xornada na que cabe destacar a primeira victoria do Camelle desta tempada que venceron ao Montelouro no Rodeiro. O Porteño suma e segue e venceu ao Cee na Grixa mentras que o Camariñas caeu con contundencia en Muros ante o Volantes de Baño. Na categoría xuvenil, Camariñas e Porteño golearon a domicilio a Baio e Malpica respectivamente  mentras que na categoría cadete, As Baleas de Vi, voltaba a senda da victoria e gañaban cómodamente ao Muxía no Hermanas Patiño.

 

LIGA DA COSTA


CAMELLE 2-0 MONTELOURO
Victoria do Camelle de Varu, a primeira da tempada que chega na xornada oito e na que abandoan a posición de pechacancelas da clasificación.
Partido moi disputado, na que os visitantes puxéronlle as cousas moi difíciles a un Camelle que segue coa mala sorte das lesións, pois cada xornada cae un xogador mancado e facer unha convocatoria está a ser un pesadelo para Varu.
Encontro de ida e volta no que o gol podía caer dun lado ou doutro e que se decidiu nos derradeiros dez minutos onde primeiro Tedín e despois Tonsón, anotaban os dous goles que lle daban a victoria e os primeiros tres puntos da temapada.
Necesita o Camelle coller folgos e tratar de seguir coa boa racha no próximo encontro no que visitará ao Cee.

PORTEÑO 3-1 CEE
Nova victoria do Porteño do Roski que desta vez deu conta do Cee e suma tres valiosos puntos que encaraman ao Porteño a zoa media alta da táboa clasificatoria.
Partido no que os da Ponte tiveron que remontar un tempraneiro gol do Cee que facía que o partido se lle puxese costa arriba aos discípulos do Roski. Pero este Porteño non se ven abaixo nunca e Wii empataba o partido antes do descanso.
Tras o tempo de lecer, o Porteño foi a por todas e encerrou a un Cee que non podía acometer as embestidas locais, así, chegaba o segundo a prol dos da Ponte cando Cachi non fallaba dende os once metros. Pejo no treito final, marcaba o terceiro e definitivo.
Segue en liña ascendente o Porteño que xornada a xornada e pasiño a pasiño, está vendo como o traballo ben feito ten premio.
A vindeira xornada o Porteño visitará ao Zas.

VOLANTES DE BAÑO 4-1 CAMARIÑAS
Caeu o Camariñas de Gerpe en Muros ante o Volantes nun partido no que o marcador final é moi engañoso. Non mereceu semellante castigo o Camariñas xa que por xogo e ocasións mereceu máis e a actuación arbitral deixou moito que desexar tirando pa casa en xogadas clave nas que claramente perxudicou ao equipo Camariñán.
Adiantábanse os de Gerpe cun gol de Piti ao transformar unha pena máxima moi clara, pero antes do descanso os locais dábanlle a volta ao marcador. O terceiro gol chegaba tras unha falta previa dun xogador local que o colexiado non quixo ver e que propiciou a expulsión de Piti. Nos minutos finais chegaba o cuarto xa co Camariñas desquiciado e fundido.
Toca remar contra corrente xa que a próxima semana tocará recibir ao Outes no Hermanas Patiño e o Camariñas necesita sumar unha victoria.

LIGA XUVENIL


BAIO 3-6 CAMARIÑAS (a vindeira xornada o Camariñas recibe ao Ponteceso)
MALPICA 1-7 PORTEÑO (a próxima xornada o Porteño recibe ao Corme)

LIGA CADETE


AS BALEAS 3-0 MUXÍA
Victoria clara e contundente das Baleas de Vi que tras duas derrotas consecutivas necesitaban voltar a senda da victoria e o que é máis importante, a do bo xogo e a de crear ocasións como asi foi ante o Muxía.
Dominio contínuo dos Camariñáns que tiveron ocasións para que o marcador fose máis abultado.
A vindeira xornada As Baleas visita ao Cee.

Engadir un comentario