1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
O sábado as 18:30 as mulleres do BM Camariñas recibían no pavillón do Areal o equipo ourensán do Campus Auria. O encontro presumíase fácil para as xogadoras da Costa da Morte, xa que o equipo ourensán perdera todos os encontros disputados ata o momento, sendo o equipo menos goleador e o máis goleado.     Con estes datos contaban as xogadoras do Camariñas, que o comezo do encontro a confianza e a falta de intensidade fixo que so se chegara o descanso con resultado de 11-5.

A cousa cambiou na segunda metade, xa que a falta de intensidade incomodaba a adestradora Mónica Barreiro. O equipo saíu con outra cara e con ganas de arranxar o partido nos primeiros minutos desta segunda metade, e asi foi xa que nos segundos 30 minutos conseguiron marcarlles 21 goles. O resultado final foi un 32-13 que da tranquilidade e capacidade de centrarse no derbi do próximo 8 de novembro diante do Goldie Xiria.

BM CAMARIÑAS: Oanes, Barreiro (6), Aida (9), Nerea, Vero, Sara, Cris Sande, Caamaño, Laura (2), Andrea, Karina (5), Sara Carril (10), Míriam.
CAMPUS AURIA: Virxinia, Angela, Raquel, Xeila (6), Lucia (3), Uxía, M. Carmen, Erea (1), Blanca, Olaya, Bea, Parastu, Laura, Claudia, Uxía (3)

Engadir un comentario