1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Unha nova xornada marcada pola fatal noticia da grave lesión do gardamallas do Camariñas José Luis que no último treito do partido que enfrontaba ao Camariñas e o Fisterra, un choque fortuito entre él  e un xogador Fisterrán, deu como resultado a rotura do pómulo do gran porteiro Camariñán. José Luis xa foi operado e parece que todo saliu ben. Aproveitamos para desexarlle unha pronta recuperación e mandarlle moitos ánimos dende Camarinas.eu. Polo demais, a xornada veu marcada polas victorias do Camariñas e Porteño que venceron ao Fisterra e ao Montelouro respectivamente, mentres que o Camelle caía con rotundidade ante o Castriz. Pola súa parte, os cadetes das Baleas, caeron ante o Corme a domicilio sumando a segunda derrota da tempada para os de Vi. Os xuvenís do Camariñas e do Porteño perderon na casa ámbolos partidos ante Cabana e Ponteceso.

LIGA DA COSTA


CAMARIÑAS 2-0 FISTERRA
Victoria do Camariñas de Gerpe que acada deste xeito a segunda da tempada, nun partido moi disputado e moi traballado por uns e outros pero no que os Camariñáns foron en liñas xerais máis dominadores do xogo e no que a puntería dos de Gerpe e Baña foi clave para levarse os tres puntos.
Os goles de Mario Toja e de Ismael  un en cada tempo, déronlle os tres puntos a un Camariñas que necesitaba a victoria para escapar dos postos baixos da clasificación e coller folgos para próximos partidos nos que os da terra do encaixe teñen que sumar para tratar de chegar aos conxuntos que están situados nos primeiros postos da táboa clasificatoria.
A nota negativa foi a lesión de josé Luis, o gran porteiro Camariñán sufríu unha lesión na súa cara, concretamente no pómulo, que lle fixo pasar polo quirófano, mala sorte para José Luis ao que lle desexamos unha pronta e boa recuperación para velo de novo facer o que máis lle gusta, que é xogar ao fútbol. ÁNIMO JOSÉ LUIS!!!!!!!!!!
A vindeira xornada o Camariñas xogará a domicilio ante o Volantes de Baño.

MONTELOURO 1-2 PORTEÑO
Victoria a domicilio do Porteño do Roski ante o Montelouro, conxunto que lle puxo as cousas complicadas ao Porteño e que mesmo tivo que remontar un marcador adverso.
Tiña estudiado ao rival o adestrador Porteño Roski, cun plantexamento intelixente e eficaz de preparar contras mortais e as xogadas a balón para que son claves en calquera liga e obter así os froitos do plantexamento onde o Porteño repúxose ao tanto inicial dos locais para empatar xusto antes do descanso por mediación de Wii.
Trala reanudación, os locais intantaban levar o peso do partido pero o Porteño esparaba e contrarrestaba a un rival que viu como a falta de dez minuts, Carlos do Meu Lar marcaba o segundo para os da Ponte que lles daría tres puntos de ouro que sitúan ao Porteño na zona media da táboa.
A próxima xornada o Porteño recibirá na Grixa ao Cee.

CASTRIZ 7-1 CAMELLE
Derrota do Camelle de Varu ante o Castriz nun partido no que novamente a gran cantidade de baixas do equipo Camellán influiu negativamente que que Varu e os seus trataran de traer algo positivo dende as terras do Xallas.
Está o Camelle atravesando por unha racha nefasta en canto a lesións e mesmo o porteiro suplente tivo que xogar como dianteiro ante a falta de efectivos.
Non tico moita historia o partido xa que o Castriz foi superior e o marcador xa o di todo.
O gol do Camelle foi marcado por Mario ao transformar un penalti.
Necesita recuperar efectivos para afrontar con máis garantías os vindeiros compromisos ligueiros e así tratar de sumar os primeiros puntos da tempada.
A vindeira xornada o Camelle recibirá no Rodeiro ao Montelouro.

LIGA XUVENIL


CAMARIÑAS 1-4 CABANA (a próxima xornada o Camariñas visitará ao Baio)
PORTEÑO 1-2 PONTECESO (a vindeira xornada o Porteño xogará a domicilio ante o Malpica)

LIGA CADETE


CORME 3-0 AS BALEAS
Segunda derrota dos de Vi, desta vez ante o Corme nun partido donde As Baleas non dou o nivel que atesouran os seus rapaces e non puido traer nada positivo de terras Cormelanas.
Necesita olvidar canto antes esta derrota e seguro que Vi traballará arreo esta semana para correxir erros e cargarlle as pilas aos seus para que na próxima xornada na que recibirán ao Muxía, volvan a senda das victorias.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.