1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Xornada marcada polo derbi do Hermanas Patiño que supuxo a primeira victoria do Camariñas ante un Camelle que estraba novos xogadores pero segue sen puntuar. O Porteño sufríu unha clara derrota en Carnota mentras que os cadetes das Baleas seguen ao seu e gañan de novo a domicilio para continuar de líderes.

LIGA DA COSTA

CAMARIÑAS 2-0 CAMELLE
Victoria do Camariñas de Gerpe nun disputadísimo derbi ante o Camelle de Varu no que un colexiado malo, foi medio protagonista ao expulsar ata catro xogadores, un do Camariñas e tres do Camelle (un nos vestiarios) por protestar cando o partido foi do máis normal.
Primeira metade moi disputado donde o Camelle tratou de tú a tú a un Camariñas que tiña baixas e que via como o Camelle tiña ocasións para adiantarse pero non tiña puntería no remate final.
Non perdonaría Mario, quen ao redor do minuto 20 acadaba o primeiro gol do Camariñas que se adiantaba no marcador pero antes do descanso o Camelle tivo a oportunidade de empatar pero non o fixo.
Na segunda parte, o Camariñas saleu mellor pero non sentenciou o choque cando tivo oportunidade e nos minutos finais o Camelle empurrou pero non conseguíu marcar gol e no minuto 90, Javi sentenciaba o choque acadando o segundo e definitivo gol dos de Gerpe.
Primeira victoria do Camariñas que lle serve para coller folgos e tratar de buscar a primeira victoria fora da casa onde a vindeira xornada xogará en Verdillo ante o San Lorenzo.
Pola súa contra o Camelle segue sen puntuar, pero as fichaxes melloraron o equipo e seguro que os resultados chegarán, e irá a por todas ante o Carnota ao que recibirá no Rodeiro a próxima xornada.

CARNOTA 3-0 PORTEÑO
Derrota do Porteño do Roski en Carnota nun  partido onde os da Ponte recibiron goles en momentos claves que impediron que o Porteño trouxera algo positivo de Carnota.
Primeira metade disputada no que os do Roski ben plantados no terreo de xogo, non pasaban apuros para conter os ataques Carnotáns ata que no último minuto da primeira metade e no cuarto minuto da segunda, o Porteño recibía dous goles dos chamados psicolóxicos que foron clave e deixaron sen reacción ao conxunto Porteño. Antes do final chegaría o terceiro dos locales.
Toca levantar a moral e recuperar folgos para recibir na Grixa a vindeira xornada ao Castriz.

LIGA CADETE


OS MIUDOS 1-2 AS BALEAS
Victoria dos rapaces de Vi e xa van catro seguidas nun gran partido no que os Camariñáns demostraron ser mellor que un rival que lle puxo as cousas complicadas no treito final do partido.
Nova victoria que chegou como non, tras optar novamente por un xogo de toque, de pases contínuos, de elaboración contínua que da os seus froitos unha xornada máis e que ven a confirmar o bo facer de Vi cós rapaces.
Toca seguir remando para lograr a quinta victoria seguida que se intentará a próxima xornada na que recibirán ao Cabana.

LIGA XUVENIL


CAMARIÑAS 8-1 LAXE ( a vindeira xornada o Camariñas xogará en Coristanco)
PORTEÑO 3-1 CABANA  ( a próxima xornada o Porteño xogará en Baio)

Engadir un comentario