1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
En branco!!!!. Así foi a xornada dos nosos equipos onde os partidos xogados, contáronse por derrotas, Porteño, Camelle e Camariñas non foron quen de sacar nada positivo dos seus correspondentes partidos nunha xornada para olvidar. Parece ser que foi unha xornada gafe onde As Baleas nun partido no que é increible que os de Vi non o gañaran, sumaron a primeira derrota da tempada.

LIGA DA COSTA


CAMELLE 0-1 CARNOTA
Derrota do Camelle de Varu nun partido no que o máis xusto houbera sido un empate xa que ámbolos conxuntos estiveron controlados en ataque nun partido onde dominaron as defensas, pero a sorte non está de lado do conxunto Camellán neste inicio de tempada e un solitario gol dos visitantes foi de sobra para que voaran tres puntos do campo do Rodeiro dirección Carnota.
Está mellorando e moito o Camelle de Varu,  conxunto ao que tan só lle falta ese golpe de fortuna para acadar un resultado positivo que lle faga coller confianza ao conxunto Camellán que segue inxustamente sen puntuar nesta liga da costa.
Toca seguir traballando porque a primeira victoria chegará pronto, pois o traballo sempre ten rencompensa.
A vindeira xornada o Camelle visitará ao Castriz.
PORTEÑO 0-1 CASTRIZ
Derrota do Porteño do Roski ante o líder o Castriz nun partido moi disputado e no que por méritos de uns e outros ao igual que acontecera no partido xogado en Camelle, o resultado máis xusto sería un empate.
Foi un partido entre dous grandes equipos, xogados de poder a poder, no que os visitantes puxéronse por diante no marcador facendo complicada unha remontada, pero non tardaría en empatar o Porteño por mediación de Cristian, resultado có que se chegaría ao descanso.
Tralo descanso Bonano pararía unha pena máxima e sería o Porteño quen tería ocasións para adiantarse no marcador pero non as materializou, e quen non perdonou foi o Castriz quen a falta de 13 minutos marcaba o segundo que sería o da victoria pese a que nos derradeiros minutos os do Roski volcaríanse en ataque pero non terían premio.
Toca seguir nesta liña de traballo e xogo, pois os do Roski estano a facer moi ben e seguiran chegando resultados positivos.
A próxima xornada o Porteño visita ao Monte Louro.
SAN LORENZO 4-1 CAMARIÑAS
A can fraco todo son pulgas, así di o refrán nun partido onde os de Gerpe non mereceron semellante derrota e donde a actuación arbitral caseira foi determinante, pois có resultado de empate a un gol, o colexiado doulle o segundo gol aos de Verdillo nun fora de xogo como unha casa, cando estaban noqueados polo Camariñas que dominaba o encontro .
O tanto dos Camariñáns foi obra de Isma aos poucos minutos de iniciarse a segunda metade.
Ao final o Camariñas non puido cós elemenos, que unidos a erros propios, deron como resultado unha abultada derrota, na que os dous últimos goles dos locais viñeron nos minutos finais donde os de Gerpe estaban volcados buscando un merecido empate.
Partido que hai que olvidar canto antes e quedarse coas cousas positivas que houbo para afrontar vindeiros partidos nos que o Camariñas ten que arrancar dunha vez por todas.
A vindeira xornada o Camariñas recibe ao Fisterra.

LIGA XUVENIL


BAIO 1-3 PORTEÑO. (a próxima xornada o Porteño recibe ao Ponteceso)
CORISTANCO 1-1 CAMARIÑAS. (a vindeira xornada o Camariñas recibe ao Cabana)

LIGA CADETE


AS BALEAS 2-4 CABANA
Ver para creer!!!. Derrota das Baleas de Vi nun partido no que si As Baleas mete un 20% das ocasións claras de gol que tivo, sería suficiente para gañar o partido.
Encontro pese ao que di o resultado final, dominado polos Camariñás, que puideron golear a un Cabana que se aproveitou dos erros en defensa dos de Vi e con catro tiros a porta, conseguiron catro goles, mentras que os rapaces das Baleas, tiraron máis de quince veces, con ocasións cantadas, situacións clarísimas de gol pero no que non era a tarde dos nosos, nun deses partidos onde todo sae ao revés e donde o mellor xogador do partido foi o porteiro visitante.
Toca resetear o cerebro, olvidar e pensar xa no seguinte partido que será en Corme, ante o segundo clasificado, no que unha victoria das Baleas serviría para manter o primeiro posto e abrir brecha có segundo clasificado.



Engadir un comentario