1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Xornada que viña marcada polo primeiro derbi da tempada que tivo lugar no campo da Grixa onde o Porteño gañou por dous goles a un ao Camariñas nun campo ateigado de xiadeiros que disfrutaron do emocionante derbi vivido onde houbo de todo, tensión, polémica, expulsións.... Por outra banda, o Camelle caeu no Rodeiro ante o Mazaricos e segue co seu casilleiro baldeiro de puntos, as baixas seguen a pesar e moito. As Baleas meteulle unha malleira ao Sofán e os de Vi xa son líderes en solitario da competición cadete.

PORTEÑO 2-1 CAMARIÑAS
Victoria do Porteño do Roski no derbi disputado ante o Camariñas na Grixa onde os da Ponte do Porto suman tres valiosísimos puntos neste treito inicial de liga.
Gerpe e Baña voltaban ao banco do campo da Grixa pero desta vez facíano como visitantes depois de varias tempadas sentándose no banco local.
O derbi foi moi intenso, nunha primeira metade onde o Porteño xogou mellor e conseguíu marcar dous goles obra de Pejo e de Cristian de penalti. Primeira metade na que cabe destacar a expulsión do xogador do Camariñas Martín por un codazo que o colexiado penalizou con tarxeta vermella directa.
Neste primeiro treito de partido o Porteño estivo mellor que o Camariñas, presionando máis e facendo dano nas xogadas a balón parado e o marcador ao descanso marcaba o dous a cero.
Na segunda metade o Camariñas acurtaría distancias nada máis comezar ao transformar unha pena máxima David. Quedaba moito tempo para que poidera pasar de todo pero finalmente o marcador non se movería a pesar de que Mario Toja enviaría un balón ao trave da portería defendida por Bonano.
Nos últimos minutos de encontro, Wii  e Pejo foron expulsados e o Porteño afrontous os últimos treitos do partido con dous homes menos, pero os do Roski defendéronse con uñas e dentes para conseguir que o resultado non variara e así levarse tres valiosos puntos ante o eterno rival.
Necesita o Camariñas cambiar esta dinámica que leva na que non coñece a victoria mentres que o Porteño situado na metade da táboa clasificatoria, intentará seguir sumando neste inicio de liga que está sendo moi bó para os do Roski.
A vindeira xornada o Porteño visita ao Carnota mentres que o Camariñas recibirá ao Camelle, segundo derbi consecutivo para os Camariñáns que se vivirá por todo o alto no Hermanas Patiño.

CAMELLE 0-2 MAZARICOS
Nova derrota do Camelle de Varu desta vez diante do Mazaricos no campo da Grixa.
Non está tendo sorte o Camelle e sobre todo Varu para poder facer a lineación xornada tras xornada debida as contínuas baixas coas que conta e na que nun partido máis, o adestrador Camellán tivo que poñer de porteiro a un xogador de campo, desta vez tocoulle a Dido colocarse debaixo dos paus.
Partido no que os visitantes foron mellores e aproveitándose das baixas locais leváronse un cómodo triunfo do Rodeiro a pesar da entrega dos xogadores do Camelle que en cada partido non baixan os brazos e dan todo canto teñen para defender ao seu conxunto ainda que ata o de agora os resultados están a ser negativos.
A directiva Camellana está traballando na incorparación de novos efectivos e parece ser que moi pronto o adestrador Varu vai a contar con fichaxes para poder mellorar o equipo.
A próxima xornada o Camelle terá derbi e será en Camariñas, no Hermanas Patiño nun partido de equipos necesitados de gañar o seu primeiro encontro da tempada xa que tanto Camariñáns como Camelláns ainda non coñecen a victoria, motivo polo cal o derbi si xa era interesante de por si, este dato fará que aínda o sexa moito máis.

LIGA XUVENIL
CAMARIÑAS 3-2 CORME (a vindeira xornada o Camariñas recibe ao Laxe)
CORISTANCO 2-1 PORTEÑO (a próxima xornada o Porteño recibe ao Cabana)

LIGA CADETE
AS BALEAS 10-0 SOFÁN
Victoria por goleada das Baleas de Vi que lle endoseu nada máis e nada menos que dez goles ao Sofán nun partido no que os Camariñáns demostraron a superioridade ante o rival de principio a fin.
Tres xornadas e tres victorias para os de Vi que son líderes en solitario da competición.
A próxima xornada As Baleas visitará aos Miudos.

Engadir un comentario