1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Comezou a tempada para o Encaixe con unha victoria  fronte o  Teucro e unha derrota con mal sabor de boca contra o B.M. Porriño. O pasado sábado as de Pontevedra loitaron un encontro dominado polo conxunto camariñán a pesar da cantidade de erros fabricados polas locais e unha desacertadas gardamentas chegando ao descanso cun favorable 15-11. A tónica da segunda parte foi a mesma, o Encaixe mantíñase forte en defensa e acertado en situacións claras de ataque chegando a un resultado final de 28-24.
B.M. CAMARIÑAS (28): Sara e Miriam (gardaredes), Cris Barreiro (4), Laura (4), Sara(9), Vero, Karina (5), María (2)(E.T.), Cristina Caamaño(3), Cristina Sande(1), Nerea, Judit, Andrea, Tinita.
S.D.TEUCRO (24): Dolores, Ana (7), Paula (1), Angela(2), Marta, María (3), A. Rodriguez, T. Pomno, A. Arnedo, Elena Rey(3), Nerea (4), P. Álvarez.

O domingo o pabillón do “Areal” recibia o B.M. Porriño, rival directo. A continuidade no xogo en ataque dirixido pola central, propicio ocasións claras das camariñas, que aproveitaron para poñerse diante no marcador durante case todo o encontro chegando ó descanso cun 10-8.  A segunda parte caracterizouse polas contínuas exclusións sufridas polo equipo local deixándoas en varias ocasións en inferioridade numérica e incluso con doble inferioridade numérica. Esto conlevou a pérdas de balón que as de Porriño aproveitaron para poñerse por diante a falta de 5 minutos 20-21. O equipo, aínda así, seguíu loitando ata o último minuto demostrando a súa competitividade chegando a un marcador final de 22-23.
B.M. CAMARIÑAS (22): Sara e Miriam (gardaredes), Cris Barreiro (2), Laura (5), Sara(5), Vero, Karina (5), Sande (1)(E.T.), Cristina Caamaño, María(3), Nerea(1), Judit, Tinita.
B.M.PORRIÑO (23): Ainhoa, Claudia, M.Carmen, Lara, María (8), Ana (2), Uxía (1), Andrea, Andrea, Lucía (6), Mónica (4) y María (2).

Engadir un comentario