1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Segunda xornada na liga da costa e novamente ao igual que ocurrira na xornada inaugural, tan só o Porteño foi quen de darnos unha alegría e acadar unha valiosa victoria diante dun equipo como é o Ponteceso q está chamado a pelexar polos postos de cabeza. Mentras tanto, o Camelle e o Camariñas perdían os sues encontros por un marcador idéntico, catro goles a un, eso si, o Camelle sufrindo unha arbitraxe nefasta que novamente foi clave no partido.

PORTEÑO 3-1 PONTECESO


Tres puntos de ouro os acadados polos homes do Roski que venceron ao Ponteceso aproveitando ao máximo as xogadas a balón parado. Adiantaríanse os da Ponte do Porto cun gol de Pejo tras unha falta lateral pero antes do descanso, empatarían o Ponteceso. Tras o descanso, o Partido seguía sendo disputadídiso, pero duas novas accións a balón parado, significarían os goles de Caamaño e de Pejo novamente que servirían para deixar o marcador final no tres a un. Magnífico o comezo de tempada do Porteño que suma catro puntos en duas xornadas que os sitúan nos postos altos da táboa clasificatoria. A vindeira xornada o Porteño visita ao Mazaricos.

CAMELLE 1-4 BAIÑAS


Derrota do Camelle de Álvaro "Varu" diante do Baiñas nun partido marcado por unha xogada clave, a do primeiro gol do Baiñas no que o colexiado sinala penalti e expulsión de Snacki nunha xogada que non merecía tal castigo e que fundíu aos Camelláns. Adiantaríase o Camelle ao transformar Adri un penalti claro, pero antes do descanso chegaba a xogada chave do partido, o penalti e expulsión do xogador do Camelle que sufriu moito toda segunda metade con dez non puidendo aguantar as embestidas do Baiñas que finalmente levaríase o partido. Toca seguir traballando para cambiar esta dinámica inicial. A próxima xornada o Camelle visita ao Ponteceso.

CABANA 4-1 CAMARIÑAS


Derrota do Camariñas de Gerpe que caeu con contundencia en Cabana nun partido onde os Camariñáns non estiveron no partido dende xa os primeiros minutos. Non foi quen o Camariñas de responder os ataques do Cabana e de conter os mesmos, quedando o resultado sentenciado nos inicios da segunda metade có segundo gol local. O gol da honra do Camariñas foi obra de Yuyo. Toca seguir remando e apretar os dentes para darlle volta a este mal inicio ligueiro dos nosos que de seguro na vindeira xornada onde reciben ao Sp. Seaia van cambiar a dinámica e chegará a primeira victoria.

LIGA CADETE


AS BALEAS comezou a tempada na categoría cadete cunha gran victoria a domicilio ante o Coristanco ao que goleou por cero goles a oito. Comezan con ben pe os rapaces de Vi que esta tempada van a dar moito que falar. Na segunda xornada, a primeira na casa, As Baleas reciben ao Outes.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.