1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Comezou a xornada na Liga da Costa, a segunda rexional, e o que é unha xornada positiva podemos decir que non foi, tan só o Porteño foi quen de sumar un empate a domicilio mentres que tanto o Camariñas como o Camelle, perderon os seus encontros nesta xornada inaugural. O conto non é como empeza e si como acaba, polo tanto vamos a esperar o devenir da competición para esperar que os nosos cumplan os seus obxetivos.

CAMARIÑAS 1-2 ZAS


Derrota do Camariñas de gerpe que caeu pola mínima no Hermanas Patiño ante o Zas nesta xornada inaugural. Foi un partido moi disputado entre dous equipos que querían gañar, dous equipos que queren estar arriba na táboa clasificatoria. O partido poríase de cara para os de Gerpe que se adiantarían no marcador por medio de Yuyo, pero os visitantes empatarían o encontro poucos minutos despois e chegábase ao descanso có resultado de empate a un gol.

Na segunda metade os visitantes dominaron un pouco máis e marcarían o segundo gol. Tras o gol, o Camariñas quería ir a polo empate e deixaba ocos atrás que foron aproveitados polo Zas para ter ocasións pero non as materializou. Sería o Camariñas quen tivo a máis clara, un tiro ao traveseiro que puido ser o empate pero a deusa fortuna non estivo de lado dos nosos.
Toca seguir traballando e a vindeira xornada tratar de traer a victoria de Cabana.

OUTES 2-0 CAMELLE


Chegaba o Camelle de Álvaro a Outes con moita ilusión e gañas cun plantel xoven que disputou un encontro moi completo pese a derrota. Foi un partido xogado de tú a tú con ocasións para uns e outros donde por desgracia, os locales foron quenes as aproveitaron, unha mediada a primeira metade e a segunda no tempo de desconto. Ten que seguir con estas gañas o Camelle pois así os resultados chegarán e con elo as victorias, pois a imaxe dade polos Camelláns en Outes foi moi boa e iso ten que dar alas aos nosos para que o próximo partido na casa sea a primeira victoria e os primeiros tres puntos da tempada. A próxima xornada o Camelle recibe no Rodeiro ao Baiñas.

BAIÑAS 1-1 PORTEÑO


Bó punto o acadado polo Porteño do Roski que si ben é certo e tal e como se lle puxo o partido nos minutos finais, pode saber a pouco pero a entidade do rival que había en frente haina que ter en conta, pois é un equipo que gastou moito en fichaxes para tratar de estar arriba. Foi un partido moi igualado, onde uns e outros presionaban ao rival para non deixarse sorprender. Tería que remontar un gol o Porteño, pois os locais adiantaríanse no marcador ao transformar unha pena máxima mediada a primeira metade. Sería Cristian quen empataría o encontro ao transformar un libre directo. Nos minutos finais e tras a expulsión de dous rivais, o Porteño tivo a victoria nas súas mans pero escapariaselle. Priemeiro punto da tempada que ten que ser moi bo si se consigue gañar a próxima xornada na casa.
A vindeira xornada o Porteño recibe na Grixa ao Ponteceso.

Isto foi o que dou de si a primeira xornada da tempada onde os resultados non foron bos pero si o traballo realizado que é moi importante para que dé frutos moi pronto.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.