1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Quedan poucos días para o comezo dunha nova tempada futbolística dos equipos seniors do noso Concello como son o Camariñas, o Camelle e o Porteño, onde as tres escuadras futbolísticas actuarán na categoría da segunda rexional, a Liga da Costa de toda a vida que promete ser apaixoante como nunca e donde vamos a ter o número de derbis máis elevado da historia do Concello Camariñán. Cos equipos xa rodados cos seus respectivos partidos amigables, os planteis están prácticamente pechados, agás o Camelle que segundo nos conta o seu novo adestrador Álvaro, está a piques de firmar a dous xogadores máis para pechar o seu plantel. Camariñas e Porteño teñen o seu plantel preparado para competir pero se cae unha fichaxe de última hora tampouco sería nada raro. Coas espadas en todo o alto, e cós tres equipos preparados para comezar a rodar o balón no Hermans Patiño, no Rodeiro e na Grixa, a carreira está a piques de comezar. Moita sorte para os tres equipos!!!!.

Camariñas F.C.


Moitos cambios no conxunto do Camariñas onde Gerpe secundado por Baña, serán os encargados de comandar o buque Camariñán nesta singladura pola Liga da Costa.
Cambios sustantivos no plantel onde a marcha de moitos efectivos fai que haxa moitas caras novas no equipo,e moitos dos que forman do equipo son xogadores xuvenile. O corpo técnico non dubidou en tirar da canteira como se facía antigüamente e darlle a alternativa a moitos rapaces que van a dar a cara polo seu equipo.
Así o Camariñas contará con:
Porteiros; Pablo e José Luis
Defensas; Nico, Santi, Piti (Porteño), Yago Sestayo (Maravillas), Martín (Maravillas), Denís (Muxía), Martín (Xuveniles), Sergi (Xuvenil),Paco.
Centrocampistas; Moriño, Asier, Mario Toja, Saviola, David, Xacobo (Porteño xuvenil), David Toja, Pereira (Muxía), David de Muxía, Sule, Brais Chicote (xuvenil), Ismael (Porteño).
Dianteiros; Yuyo, Javi Chencho (xuvenil)

S.D. Camelle


Moitos cambios ao igual que o Camariñas hai no Camelle para esta nova tempada onde o equipo terá como obxetivo salvar a categoría.
Álvara colleu o mando do equipo Camellán para afrontar unha tempada cargada de ilusión nun plantel totalmente reformado no que a maioría van a ser caras novas que levados en volandas pola gran afición Camellana van a dar moita guerra.
Así a falta de duas incorparacións que levará a cabo o Camelle, o plantel estará formado por:
Porteiro; Ángel Luis
Defensas; Rubén Lado, Rodrigo Peseta, Ricardo Macho, Cristian Sikario, Carlos de Dido, Carlos Valiña, Snacki, Pietrus.
Centrocampistas; Martín Gemelo, Tedín, Mario, Adrián de Barca, Adrián de Felisiano, Iván Cabesón.
Dianteiros; Alberto de Malpica, Álvaro Tonson, Josecho, Sergio de Pura.

F.C. Porteño


O Porteño a diferencia do Camariñas e Camelle, aposta pola continuidade e poucas son as caras novas que incorpora o equipo do Roski que será unha tempada máis, o máximo responsable do plantel Porteño.
Cóntanos Roski que esta tempada vai a ser dura e que a salvación é o obxetivo clara desta tempada na que a afición voltará a ser o xogador número doce.
A formación do equipo da Ponte do Porto será a seguinte:
Porteiros; Bonano, Brais (xuvenil).
Defensas; Pejo, Gaby, Caamaño, Maikol, Manuel (Camariñas), Curra (Soneira), Roi (Camariñas).
Centrocampistas; Iago, Doyle, Marcos, Óscar; Carlos Meu Lar, Christian Canosa, Cachirulo (Nantón), Anxo, Ismaeliño.
Dianteiros; Wui (Camariñas), Josiño (Camelle), Varela.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.