1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Moi boa entrada no pavillón de “O Areal”, cancha do Encaixe para recibir o B.M. Porriño. Os oitavos de final presentábanse cun claro favorito, O Porriño que pertence a liga ABF, máxima división Absoluta Feminina.

As do Encaixe foron quen de plantarlles cara durante os primeiros 20 minutos onde as de Porriño puxéronse 3 tantos arriba 7-10. Foi aquí, e tras pedir un tempo morto por parte das locais onde as foráneas aproveitándose da súa potencia física para agrandar a diferencia ata o descanso cun 9-19. Foi nunha segunda parte con erros das locais propios dun encontro con moita intensidade os que aproveitaron as do B.M.Porriño con contraataques característicos do equipo, chegando a un resultado final de 14-37.

Según a adestradora Mónica Barreiro “ fomos capaces de aguantar os primeiros minutos con Aida organizando o ataque e unha moi boa defensa liderada polas nosas centrais que permitiron as nosas gardaredes parar balóns importantes, e intentando ter a posesión do balón o maior tempo posible. Estamos moi contentas co resultado e só pensamos en seguir traballando.

O noso obxetivo para este primeira fase e obtar a un posto que nos permita pasar a segunda fase na loita polos 8 primeiros.” O Encaixe enfrentarase en dous encontros de pretemporada o próximo xoves 28 ó B.M Xíria en Carballo e o 6 de setembro en Camariñas.

B.M. CAMARIÑAS (14): Sara e Miriam (gardaredes); Sara Carril (5), Cris Barreiro (1), Aida (2), Cris Sande, Karina (2), María (1)equipo inicial; Vero (1), Águeda, Mariam, Laura (1), Nerea, Ivana, Andrea, Cristina Caamaño eTina.
B. M. PORRIÑO (37): Iris e Andrea (gardaredes); Andrea Da Pena, Soiraia (8), Nuria (1), Marta (1), Gemma (2), Sarai (5), Sandra (3), Lorena (10), Andrea Cadenas (2), Carla (1), Sandra López (4).

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.