1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Este sábado 19 de abril, en plena ebullición encaixeira celebrarase o encontro de balonmán feminino "Mostra do Encaixe de Camariñas" que enfrontará ao equipo local das invencibles espartanas coas integrantes do conxunto bergantiñán do Goldie Xiria. Elo acontecerá pro razóns loxísticas obvias no Pavillón Municipal da Ponte do Porto a partires das 17:30 horas nun evento que xa se vai convertindo nun complemento imprescendible do calendario da semana grande encaixeira camariñana. Aquelas mulleres que antes tecían laboriosa e arduamente fíos nunha almofada agora verían como as súas netas, bisnetas, se adican a competir de xeito implacable pero noble nunha cancha de balonmán. Cambian os tempos

Engadir un comentario