1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Rematou  a tempada de fútbol e balonmán na que hai que destacar a gran tempada das Espartanas Camariñanas que fixeron a mellor tempada da súa historia. No que a fútbol se refire, o CAMARIÑAS rematou a tempada cunha goleada de escándalo, perdeu por oito goles a dou no campo do Lamela, un equipo tamén descendido que nos ven a resumir de algún xeito, a nefasta campaña feita por un Camariñas que tamén quedou apeado da Copa da Costa por un equipo de segunda rexional como é o Buño. Toca facer borrón e conta nova, o adestrador anunciou que non seguirá no equipo, cousa normal por outro lado vendo o acontecido. Punto e final á categoría da primeira rexional e a vindeira tempada tocará competir na Liga da Costa. Parece ser que haberá elecións á presidencia, ou ese é o rumor que hai e veremos que acontece as vindeiras semanas.

O PORTEÑO caeu ante o San Lorenzo por un gol a cero pero mantén a categoría, os do Roski acadaron o obxetivo de principios de tempada que era a permanencia e continuarán competindo na liga costeira a vindeira tempada. Noraboa ao Porteño por conseguir ese obxetivo e agora a directiva xa comeza a traballar para formar o plantel para competir o próximo ano. Noraboa Porteño!!!

O CAMELLE ao igual que o Porteño, conseguíu manterse na categoría acadando un empate a dous goles en Cee, ese puntiño xunto a outros resultados que se deron, serviron para que os de Pupus, acadaran unha permanencia moi traballada e moi merecida, xa que tras esta tempada difícil debido a baixas constantes e a certas arbitraxes en contra, o Camelle logrou rematar a tempada mantendo a categoría. Noraboa Camelle!!!.
Quedamos sen equipos na Copa da Costa e no que a fútbol se refire, a tempada pechou o telón e xa toca programar a próxima.

No balonmán, quedaba por saber se as ESPARTANAS CAMARIÑANAS lograban un triunfo para estar entre as mellores no torneo copeiro pero non foi así, caeron en Caselas por 29 goles a 22 nun partido onde unha mala primeira metade foi clave xunto coa arbitraxe recibida onde xa non só as decisións que tomaron os trencillas, se non a chulería e a prepotencia coa que trataron ao noso equipo é para denuncialo públicamente. Remata deste xeito a tempada para as nosas, a mellor tempada da historia para elas demostrando que en Camariñas hai canteira.

Destacar a o vindeiro dia 24, haberá un partido amistoso entre a selección de Costa Rica que dirixe o ex-adestrador do Balonmán Camariñas Dioni Quenlle e as nosas Espartanas onde se espera un cheo total no Pavillón do Areal. Dende aquí animamos a tod@s a que acudan a cita pois unha selección nacional non visita tódolos dias Camariñas.

Fin a unha tempada na que como sempre, CAMARINAS.EU contouvos todo canto aconteceu cós nosos equipos.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.