1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
 
Penúltima xornada ligueira no que a fútbol se refire dos nosos equipos onde o CAMARIÑAS puxo fin a súa estadía na primeira rexional autonómica no Hermanas Patiño cunha derrota por un gol a dous nun partido onde o colexiado, malo donde os haxa, perxudicou a uns e a outros confirmando que o nivel da arbitraxe en Galicia é pésima a tódolos niveis. Foi un partido o do CAMARIÑAS sen moita historia, onde os visitantes xogábanse moito máis que un Camariñas xa descendido e iso notouse, sobre todo coa segunda expulsión do Camariñas cando o resultado era de empate o que motivou que o Esteirana que se xogaba o descenso, fose a por todas e marcase o segundo gol. O gol do Camariñas foi obra de Borja. A última xornada, a da despedida da categoría dos nosos, enfrontará aos da terra do encaixe contra o Lamela, outro equipo que xa está descendido. Fin a andaina dun Camariñas que necesita un cambio radical en moitos aspectos relativos ao clube para afrontar o seu futuro con outra perspectiva máis positiva que a actual.

Na Liga da Costa, O CAMELLE venceu sen xogar o seu partido e sumou tres puntos vitais ante o desaparecido Independiente de Carballo. Necesita o Camelle unha victoria para evitar o descenso xa que outros resultados que se poden dar con equipos involucrados no descenso q debido aos arrastres serán en maior cantidade pode mandar aos Camelláns a terceira rexional. A última xornada o Camelle visita a un Cee que non se xoga nada, por iso estamos seguros que o Camelle gañará axudado por unha afición que os levará en volandas.

O PORTEÑO caeu na casa ante o Cee por cero goles a dous e deixa media permanencia no aire. Necesita un empate na última xornada para salvarse matemáticamente debido a que se dan unha serie de resultados, que son difíciles que se dean, pero non imposibles, unha derrota poderia significar o descenso. Xoga o Porteño ante un San Lorenzo que lle vai a vida no partido xa que está involucrado na pelexa polo descenso. Confiamos no Porteño e estamos seguros tamén que a vindeira tempada o Porteño estará na Liga da Costa.

AS BALEAS descansou esta xornada no que se refire a categoría cadete e verase as caras na próxima ante o Cabana a domicilio.

No balonmán, as ESPARTANAS Camariñanas dobregaron por 28 goles a 20 ao Pabellón Ourense nun encontro onde as nosas demostraron que foron superiores e mereceron a victoria. Karina con 7 goles foi a máxima goleadora das palilleiras nunha tempada para enmarcar, na que se xogarán a posibilidade de estar entre os grandes equipos Galegos nesta fase final da copa a vindeira xornada en Caselas, onde unha victoria das de Camariñas suporía estar na fase final da copa. A por elas!!!!!.

Ata aquí todo canto dou a xornada, coma sempre CAMARINAS.EU contouvos todo pasou cos nosos equipos.

Engadir un comentario