1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Chegamos as últimas xornadas onde parece que está todo peixe vendido agás a situación do Camelle que debido a gran cantidade de arrastres que pode haber, terá que esperar ata a última xornada de liga para lograr a salvación matemática, si é certo que a ten ao alcance da man debido a que sumará tres puntos sen xogar xa que lle toca enfrentarse ao Independiente de Carballo que se retirou da competición, pero vai ter que esperar debido aos enfrontamentos directos que hai nestas duas últimas xornadas ligueiras. O Porteño sumou tres puntos sen xogar coa xa coñecida retirada do Independiente de carballo motivo polo cal está fora de perigo. O Camariñas cheo de xuvenís na convocatoria, empatou a domicilio ante o Unión a dous tantos, un empate que non serve para nada importante pero que polo menos fai que poda rematar a tempada con positividade. No balonmán, as nosas Espartanas caeron en Pontevedra ante o Teucro nun partido no que foi clave a mala primeira metade das nosas.

FÚTBOL


PRIMEIRA REXIONAL
UNIÓN 2-2 CAMARIÑAS
Empate dos de Berto nun partido sen historia xa que o peixe está todo vendido despois da mala tempada do Camariñas onde vai descender. Acudía o Camariñas a Rianxo con moitas baixas, onde a presenza de xogadores xuvenís na convocatoria era a nota positiva do partido e mesmo remontou por duas veces un marcador adverso e xogando o último treito do partido cun home menos debido a expulsión de David. Brais e Sergi foron os autores dos goles do Camariñas. A vindeira xornada ( que servirá para que o Hermanas Patiño se despida da categoría) o Camariñas recibe ao Esteirana que se está xogando o descenso.

SEGUNDA REXIONAL. LIGA DA COSTA
PORTEÑO
Tres puntos que valen unha permanencia firmou o Porteño sen xogar debido a baixa do Independiente de Carballo. A próxima xornada o Porteño recibe ao Cee.

ZAS 2-1 CAMELLE
Derrota do Camelle de Pupus ante un dos galiños da categoría como é o Zas, nun partido no que o Camelle non xogou ben e non puido traer algo positivo de Zas. O gol de Dido nos últimos minutos, non serviu para nada nun encontro no que os Camelláns acusaron a lesión de Adrián de Arteixo.

Toca seguir remando para lograr o obxetivo de salvar a categoría para un Camelle que a vindeira xornada sumará tres puntos de ouro ao igual que lle ocurría ao Porteño nesta pasada xornada, debido a que o Independiente de carballo retirouse da competición ligueira. Pese a todo o Camelle terá que esperar ata a última xornada na que visitará ao Cee, un equipo que non se xoga nada, para salvar a categoría debido a cantidade de arrastres que pode haber. Confiamos neste Camelle e seguro que a salvación vai ser posible e Camelle vibrará de novo co seu equipo.

OUTROS RESULTADOS FUTBOLÍSTICOS
LIGA CADETE - ZAS 6-2 AS BALEAS (a próxima xornada As Baleas descansa)
LIGA DE VETERÁNS - PRIMEIRA DIVISIÓN
CAMARIÑAS 0-4 SAN LORENZO (fin de liga no que descende o Camariñas)
LIGA DE VETERÁNS - SEGUNDA DIVISIÓN
PORTEÑO 4-1 VIMIANZO (remate de liga na que o Porteño foi séptimo clasificado)
ERBECEDO 1-0 CAMELLE (rematou a liga e o Camelle foi sexto clasificado)

BALONMÁN


TORNEO COPEIRO FEMENINO
TEUCRO 32-28 BALONMÁN CAMARIÑAS
Derrota das Espartanas Camariñanas no segundo partido copeiro onde as nosas caeron por catro goles nun partido no que a mala primeira metade das Camariñanas foi clave para esta derrota xa que non estiveron ben nin en ataque nin en defensa e foi un lastre moi grande para levantar no segundo tempo, onde as nosas deron un arreón, intentaron unha remontada que foi imposible. Aida con 10 goles, foi a máxima anotadora do partido. Toca olvidar o acontecido en Pontevedra e centrarse no próximo partido onde as Espartanas recibirán ao Pavellón Ourense no Areal.

Isto foi todo canto dou a xornada. Saúdos dende a web que vive o deporte, CAMARINAS.EU!!!!!


Engadir un comentario