1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
 
Chegamos as xornadas finais e o peixe está prácticamente todo vendido agás en algún caso contado como pode ser o do Camelle q debido aos arrastres q vai haber polos descensos do Camariñas e Ponteceso, vai necesitar algunha victoria mais para consolidarse na segunda rexional. O Camariñas empatou en Ponteceso no duelo de colistas e o descenso ainda q matemáticamente ainda non se produxo, xa é unha realidade. O Porteño perdeu nun partido onde notou demasiado as baixas mentras q o Camelle conseguía unha victoria en Buño q vale o seu peso en ouro. No balonmán rematou a tempada regular para o conxunto femenino e masculino, as Espartanas poñen punto e final a unha gran tempada mentras q o conxunto de Moncho remata unha tempada de remodelación no clube onde a aposta pola canteira deu os seus froitos.

FUTBOL


PRIMEIRA REXIONAL
PONTECESO 1-1 CAMARIÑAS
Partido entre os dous colistas da liga q rematou en táboas, un resultado q non lle serve a ningún dos dous equipos si ben é certo q xa estàn sentenciados e serán conxuntos da liga da costa a vindeira tempada. Partido no q os locais comezaron dominando e con moitas ocasiòns, pero sen acertar ningunha dela. Sería o Camariñas cando peor o estaba a pasar, quen se adiantaría  no marcador antes do descanso e incluso antes do gol de Brais, tivo unha pena màxima q Mario enviou ao poste.
Na segunda metade o Ponteceso conseguiría empatar o encontro e mesmo disporía de ocasiòns para marcar o segundo despois de q os Camariñáns tamén lle perdoaran a vida. Ao final empate de dous conxuntos q xa estaban senteciados ante da disputa deste encontro. A vindeira xornada o Camariñas recibirá ao Puebla, penúltimo partido na casa despois dunha tempada decepcionante a pesar de q algún interesado diga o contrario para tapar os seus erros e fracasos.

SEGUNDA REXIONAL
MAZARICOS 3-0 PORTEÑO
Derrota dos do Roski nun partido no q as baixas do Porteño foron clave e un lastre demasiado pesado para conseguir traer algo pisitivo de Mazaricos. Seis foron os xuvenís convocados e que dispuxeron de algún minuto para coller experiencia e esa foi a nota positiva dun partido para olvidar. Necesita o Porteño unha victoria polo menos nestas últimas cornadas de liga para evitar sorpresas finais debido aos arrestres q provocaràn os descensos do Camariñas e Ponteceso. A próxima xornada o Porteño recibe ao Zas.

CASTRIZ 0-1 CAMELLE
Mágnífica e importantísima a victoria acadada polo Camelle de Pupus nun partido vital ante un rival directo para evitar o descenso de categoría. Era vital unha victoria en Castriz para acadar tres puntos de ouro e empatar a puntos cò equipo local nesa loita q se aveciña moi interesante para evitar o descendo debido aos arrastres, e o golazo de Matías de falta directa, doulle esa ansiada victoria ao conxunto Camellán. Toca seguir remando duro para lograr a salvaciòn e o seguinte rival será o Mazaricos no Rodeiro.

BALONMÁN


PRIMEIRA AUTONÓMICA FEMENINA
BUEU 27-29 BALONMÁN CAMARIÑAS
Victoria das Espartanas Camariñanas na derradeira xornada de liga nun partido no que a pesar de non xogar moi ben as nosas, conseguiron gañalo no treito funal do mesmo xa que nas xogadas importantes finais, estiveron máis atinadas. Fin da tempada regular onde as nosas estiveron de sobresainte e dende aquí dámoslle a noraboa. Toca preparar o torneo copeiro onde se verán as caras na primeira eliminatoria ante o xiria de Carballo.

PRIMEIRA AUTONÓMICA MASCULINA
BALONMÁN CAMARIÑAS 32-35 PORRIÑO
Derrota dos homes de Moncho na última xornada de liga nun partido  no q os Conserveiros cubriron o expediente ao mon se xogar nada e iso notouse ao longo dos 60 minutos. Fin de tempada regular dos de Moncho q terán q preparar o torneo do k.o despois dunha tempada con moitas novedades no plantel onde a canteira tivo moito q decir.

Isto foi todo canto dou a xornada na q coma sempre camarinas.eu contouvos todo canto aconteceu cos nosos equipos.


Engadir un comentario