1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Nova xornada deportiva e xa queda menos para o final ligueiro nos distintos deportes. O camariñas perdeu o derbi ante o Malpica por cero goles a dous nun partido no q o Malpica foi mellor e no q dous vellos coñecidos como Pombo e Juan o Vello voltaban ao Hermanas Patiño para deixar ao Camariñas afundido na táboa onde a vindeira semana xogarase en Ponteceso o farolillo vermello nunha tempada na q decepcionou e descenderá de categoría.

O Porteño e gañou ao Castriz por dous goles a un e suma tres puntos para ter máis tranquilidade e non pasar apuros no treito final da tempada vendo os arrastres q pode haber. Valiosísima a victoria do Camelle en Buño por dous goles a catro para darlle folgos a un equipo q necesita puntuar cada xornada para escalar pisiciòns na táboa clasificatoria porque os arrastres van provocar q haxa máis de dous postos de descenso, de ahí q cada xornada q queda será fundamental para evitar descender.

O Camariñas xuvenil segue invicto nesta copa da costa xuvenil e gañou a domicilio ao Ponteceso por un gol a dous, o Porteño en cambio, perdia en Coristanco por catro goles a un. En cadetes, as Baleas perdeu contundentemente ante o líder o Xallas de Santa Comba por cero a sete. En veteráns, o Camariñas en primeira, caeu na casa por cero a dous ante o Bértoa mentras q en segunda, o Camelle gañou cinco a tres ao Malpica e o Porteño venceu a domicilio ao Buño por cero a dous.

No balonmán as nosas Espartanas non paran de darnos alegrías e esta vez por partida doble, o sábado venceron na casa ao Ourense por 27 a 13 mentras q o domingo no partido aprazado no seu dia, gañaron en Ferrol ao Ferrolterra por 20 a 29. Que grande é este conxunto onde hai q destacar o traballo de todas elas, con Sara Carril como goleadora estelar con 15 goles en dous partidos e con Karen q o para todo. O equipo masculino perdeu ante o líder o Viñacosteira por 35 goles a 30, nun partido marcado polas baixas Camariñanas donde a pesar de todo is de Moncho deron a cara con Borja e Fari en plan espectacular.

Debido a problemas técnicos non puidemos facer a crònica habitual e vímonos ba obriga de contarvos as cousas deste xeito. Disculpen as molestias.

Engadir un comentario