1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Nova xornada deportiva dos nosos equipos onde por enriba de todo, destacaba o derbi futbolístico entre o Camelle e o Porteño nun ambiente de gala onde a victoria caeu de lado Camellán. O Camariñas perdeu en Arzúa e o descenso é cuestión das matemáticas, un descenso no que según se pode escoitar nas tertulias radiófincas, un dos máximos responsables do máis que posible descenso di que é o mellor para o equipo, cousas que non se entenden... No balonmán pleno de victorias, tanto as Espartanas como o conxunto masculino, gañaron os seus partidos demostrando que están rematando a tempada de forma sobresainte.

FÚTBOL


PRIMEIRA REXIONAL.
ARZÚA 2-0 CAMARIÑAS
Nova derrota dos de Berto que fora da casa esta tempada non estiveron a altura que se esperaba. Partido no que o Arzúa foi mellor que o Camariñas e gañou con merecemento o partido por dous goes a cero, goles que chegaron na segunda metade e que deixan ao Camariñas nunha situación na que o descenso é cutión de ver en que xornada acontece.
Non está sendo boa a tempada do conxunto Camariñán e os números están ahí,máis ben a  tempada é mala, na que seguramente se descenderá.

A inicios de tempada falábase dende o clube que había un bó plantel, e o descenso non estaba nos plans de ninguén, pero as cousas non saíron ben dende un principio e dende a cúpula do clube non quixeron tomar decisións para tratar de cambiar o rumbo do equipo como si se fixera a pasada tempada e ao final todo rematrá por desgracia có descenso dun equipo que segundo tertulianos que acoden a radios da comarca é o mellor para o equipo e para o clube, cousas que non se entenden, pero bueno, alá cada un, pero a responsabilidade que cada un ten coa tempada que se está a facer e có papel que desenrola no conxunto hai que asumila e non tirar balóns fora.

Do que si estou seguro é que os xogadres van a dalo todo de aquí a final de tempada como o están a facer ao longo de todo o ano, unhas veces con máis acerto e outras con menos, pero dando todo en cada partido.

Quedan 5 partidos, o próximo ante o Malpica de dous grandes xogadores que defenderon as cores do Camariñas as últimas tempadas como son Pombo e Juan o Vello que están loitando por ascender,( cousa que molesta a máis de un) prometendo ser un partido apaixoante.

SEGUNDA REXIONAL
CAMELLE 2-0 PORTEÑO
Derbi por todo o alto o que se viviu no Rodeiro nun ambiantazo, onde se deron cita as duas mellores aficións da costa nun partido apaixoante no que a victoria se decantou de lado do equipo de Pupus, que era o máis necesitado dos dous, pero no que o conxunto do Roski lles puxo as cousas moi complicadas ao longo dos noventa minutos.

Partido típico dun derbi, no que houbo moita tensión, moita interrupción e no que as xogadas a balón parado eran claves.
Saío a Porteño a por todas e tivo ocasións para adiantarse, pero errou nos metros finais, e como sole ocurrir, o que perdoa págao, e o Camelle antes do descanso por mediación de Sergio, adiantábase no marcador ante a ledicia da bancada local.

Có un a cero chegaríase ao descanso e trala reanudación, o Porteño quería o empate e apretaba a un Camelle que se defendeu con todo para aguantar o marcador e nos minutos finais, cando o Porteño estaba volcado en busca do empate, Sergio novamente a contra, sentenciaba o partido acadando o segundo e definitivo gol.

Segue o Camelle nunha situación complicada na táboa clasificatoria, pois hai que contar con varios arrastres e o Camelle necesita recuperar efectivos para sair deses postos baixos e esperar que ocorre cos descensos en cadea. A vindeira xornada xoga en Buño, unha victoria é importantísima.

O Porteño pola súa banda, está mellor situado na táboa clasificatoria, pero tampouco se pode despistar e necesita puntuar o máis posible para non pasar apuros. A próxima xornada o Porteño recibe ao Castriz.

OUTROS RESULTADOS FUTBOLÍSTICOS.
COPA XUVENIL - CAMARIÑAS 3-1 BAIO (A vindeira xornada o Camariñas xoga en Ponteceso)
COPA XUVENIL - PORTEÑO 2-2 BAIO (A próxima xornada o Porteño xoga en Coristanco)
LIGA CADETE -  AS BALEAS 5-0 CORCUBIÓN (A vindeira xornada As Baleas recibe ao Xallas de Santa Comba)
LIGA DE VETERÁNS - PRIMEIRA DIVISIÓN - LAXE 4-0 CAMARIÑAS (A próxima xornada o Camariñas recibe ao Bértoa)
LIGA DE VETERÁNS - SEGUNDA DIVISIÓN  - PORTEÑO 3-1 CERQUEDA (A vindeira xornada o Porteño xoga en Buño)
LIGA DE VETERÁNS - SEGUNDA DIVISIÓN  - SOFÁN 5-0 CAMELLE (A próxima xornada o Camelle recibe ao Malpica)


BALONMÁN


PRIMEIRA AUTONÓMICA MASCULINA.
BALONMÁN CAMARIÑAS 33-29 SEIS DO NADAL
Victoria do equipo de Moncho nun partido que tivo unha primeira metade moi disputada, onde uns e outros estaban alternando a victoria no electrónico onde as diferencias no mesmo eran mínimas no que as defensas non podían cós ataques.

Cambiaría a cousa na segunda metade, onde Moncho tirou dos homes do banco para abrir unha pequena brecha no marcador que finalmente lle darían a victoria aos conserveiros. A pesar das baixas coas que contaba o equipo Camariñán, os rapaces que subiron do equipo xuvenil derón a cara en todo momento aportando o seu graiño de area para lograr a victoria.
Borja con 12 goles foi un auténtico coloso para un rival que nada puido facer para paralo. A vindeira xornada o Camariñas Conservas Boya visitará ao líder, o Viña Costerira.

PRIMEIRA AUTONÓMICA FEMENINA.
CARBALLAL 15-21 BALONMÁN CAMARIÑAS.
Victoria das Espartanas Camariñanas que esta vez deron conta do Carballal a domicilio nun partido que se gañou gracias a defensa numantina que fixeron as nosas que xunto coa porteira Karen, foron un muro infranqueable para as locais.
Non estiveron moi finas en ataque as nosas, pero chegoulles para doblegar a unhas rivais que lograron empatar o encontro a mediados do segundo tempo pero que nun arreón final espectacular das nosas, viron como as Camariñanas escapaban no marcador e conseguían con todo merecemento a victoria final.
Alicia con sete goles e Sara con seis, foron as máximas goleadoras dun equipo que está facendo un ano formidable, cun plantel que o da todo en cada partido e no que hai que destacar o traballo do adestrador e de cada unha das compoñentes do equipo, sobre todo Karen e Sara que no seu primeiro ano có equipo senior están facendo unha tempada para enmarcar.
A próxima xornada as Camariñanas recibirán o sábado ao Pabelon Ourense e o domingo terán que viaxar ata Ferrol para disputar os minutos restante do partido aprazado ante o Ferrolterra.

Isto foi todo canto dou a xornada na que CAMARINAS.EU narrouvos todo o acontecido cós nosos equipos.


Engadir un comentario