1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Xornada a que viviron os nosos equipos con diversidade de resultados. No que se refire a fútbol, o Camariñas agárrase a primeira rexional despois de gañarlle ao Cordeiro pola mínima, a situación do clube Camariñán segue sendo complicada e a permanencia é moi difícil xa que hai que contar con máis que posibles arrastres. O Porteño empatou en Buño nun partido no que ata o minuto 89 iba gañando mentras que o Camelle perdeu en Muros ante o Volantes nun partido marcado polas baixas do conxunto Camellán. No balonmán as nosas Espartanas non puideron cós nervios e a ansiedade ante o líder o Porriño e perderon un encontro no que a pesar de todo, as nosas dérono todo na cancha. O conxunto masculino gañou pola mínima na cancha do At. Novás nun partido que non foi moi brillante pero no que trouxeron tres puntos para sumar ao seu casilleiro.

FÚTBOL


PRIMEIRA REXIONAL

CAMARIÑAS 3-2 CORDEIRO
Sufríu demasiado o Camariñas para lograr unha victoria que lle da algunha esperanza de permanencia despois dos últimos resultados ainda que a situación segue sendo complicada.
Sairon os Camariñáns como se da última oportunidade se tratase de salvar a categoría e iso notouse, con gañas, intensidade e indo a por todas, os da terra do encaixe marcarían tres goles por mediación de Brais, Sule e Mario que deixaban o partido moi decantado de lado do bando local, pero parece que o Camariñas lle gusta o sufrimento e cando parecía que o partido estaba visto para sentencia, os locais acurtaban distancias e a falta de cinco minutos para o final colocábanse a un só tanto do empate, provocando que eses derradeiros minutos o Camariñas vivira con incertidumbre o treito final no que para ben dos de Berto o marcador non se movería e os tres puntos quedarían na casa.
A próxima sida do Camariñas é complica, visitará ó Arzúa, un rival dos postos altos da clasificación. Só vale a victoria para os Camariñáns.

SEGUNDA REXIONAL -Liga da Costa

VOLANTES 4-0 CAMELLE
Derrota do Camelle de Pupus en Murus ante o Volantes nun partido marcado polas baixas do equipo Camellán que foron un lastre moi grande para na disputa deste encontro.
Saíu o Camelle tratando de túa tú a un rival que tamén estaba necesitado dunha victoria debido a situación que ocupaba na táboa clasificatoria, pero o esforzo dos de Pupus non lle serviu de nada xa que os locais aproveitaron as suas primeiras chegadas para marcar e no descanso o resultado era de dous a cero.
Na segunda metade intentou o Camelle acurtar distancias pero non foi posible, e o Volantes conseguiría o terceiro que foi un xerro de auga fria para os Camelláns que viron como os de Muros marcaban outro gol antes do pitido final.
Necesita o Camelle unha victoria para sair do bache de malos resultados no que se atopa, e o próximo partido no que recibe ao Porteño no derbi do Concello, vai a estar emocionante e vai a ser todo un espectáculo deportivo no que as duas mellores aficións da costa encherán o campo do Rodeiro.

BUÑO 1-1 PORTEÑO
Un puntiño máis acadaron os do Roski despois de empatar en Buño a un gol nun  partido que tivo duas metades diferenciadas, a primeira na que o Porteño foi mellor, dominou ao conxunto alfareiro e puido deixar sentenciado o partido xa que adiántaríase no marcador por mediación de Piti e tería ocasións para marcar máis goles pero non foi así, e na segunda metade, o Buño apretou ao conxunto da Ponte do Porto conseguindo acadar un gol para colocar o marcador final no empate a un gol.
Segue sumando e ainda que sexa punto a punto, o Porteño estase afianzando na categoría, nesta liga da costa que está a ser unha competición interensantísima.
33 son os puntos que suma o Porteño que o colocan na metade da táboa clasificatoria a espera do derbi da vindeira xornada o que os do Roski visitarán ao Camelle na procura de acadar tres puntos nun partido que vai ser emocionante e entretido para os espectadores.

MÁIS RESULTADOS FUTBOLÍSTICOS:
COPA DA COSTA XUVENIL
CASTRIZ 1-2 CAMARIÑAS (A próxima xornada o Camariñas recibe ao Baio)
BAIO 1-2 PORTEÑO (A vindeira xornada o Porteño recibe ao Ponteceso)
LIGA CADETE.
MUROS 3-1 AS BALEAS (A próxima xornada As Baleas recibe ao Corcubión)
LIGA DE VETERÁNS:
PRIMEIRA DIVISIÓN.
CAMARIÑAS 1-2 CASTRIZ (A vindeira xornada o Camariñas xoga en Laxe)
SEGUNDA DIVISIÓN.
CORCOESTO 2-2 PORTEÑO (A próxima xornada o Porteño recibe ao Cerqueda)
LEILOIO - CAMELLE (Aplazado o partido para outra data. A vindeira xornada o Camelle visita ao Sofán)


BALONMÁN


PRIMEIRA AUTONÓMICA FEMENINA
BALONMÁN CAMARIÑAS 21-23 BALONMÁN PORRIÑO
Chegaba o equipo líder, o Porriño a Camariñas e as nosas Espartanas acusaron demasiado os nervios e a ansiedade nun partido onde as nosas non mostraron a mellor cara, a que nos tiñan acostumados ata o de agora ante un rival que traia baixas e ao que se lle podía gañar pero desafortunadamente non foi así.
A clave estivo nos erros continuos das nosas en ataque, onde a mala elección no pase e nos lanzamentos a porta, pasaron factura ao equipo palilleiro que a pesar de defender ben, o ataque local foi un lastre que impedíu que o marcador fose outro.
Sara e Aida con cinco goles cada unha, foron as máximas goleadoras do conxunto local no que como sempre Karen na portería e tódalas demais compañeiras, raiaron a gran altura pese a derrota.
A pesar de todo, hai que destacar o traballo e esforzo das nosas que o deron todo na cancha ante un rival que quizais só co nome, infundíu demasiado respeto as nosas.
Non ten que empañar esta derrota a bó labor que están a facer as nosas durante todo o campeonato e o próximo partido ante o Carballal a domicilio veremos outra victoria das Espartanas.

PRIMEIRA AUTONÓMICA MASCULINA
AT. NOVÁS 33-34 BALONMÁN CAMARIÑAS
Victoria pola mínima do equipo de Moncho nun partido no que os nosos non fixeron o seu mellor partido, pero conseguiron gañalo porque a calidade dos conserveiros é maior.
Foron todo partido por diante no marcador os Camariñáns que non conseguiron abrir unha brecha no electrónico para chegar sen apuros ao final do partido.
Saleu cara a victoria pois Xabi Canosa lesionouse e di prácticamente adeus a tempada, baixa que se suma a de Diego tamén lesionado e a de Perón que cumprirá sanción.
Borja con 10 goles e Fari con 9 , foron os máximos goleadores do equipo de Moncho.
O próximo partido o Balonmán Camariñas Conservas Boya recibirá ao Seis do Nadal.

Isto foi todo canto dou a xornada na que coma sempre CAMARINAS.EU contouvos todo canto aconteceu cós nosos equipos.

Engadir un comentario