1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Dende logo non é o mesmo que alguén se poña a correr que correr a alguén a gorrazos. Nin siquera é parecido, porque mentras os que practican a primeira das modalidades descritas conservan a dignidade e o honor ademáis que queimar unhas cantas graxas e baixar algunha que outra papada facendo deporte, a segunda das mesmas é a que soen dar en sufrir aqueles que son literalmente vapuleados de todas as partes, metidos a patadas para fóra, xa sexan partidos políticos, asociacións de tódolos tipos ou incluso traballos dignos e o que se di queimar graxas pestilentes e nauseabundas non se fulminan muitas, non. Así se ven os tipos que se ven por ahí adiante. Esto soe acontecer normalmente con  hipopótamos hinchados: ahí os tes pastando tranquilamente nas sabanas africanas en algún que outro arbusto sustraído con malas artes a algún bobo que por alí pasaba e en estas chega un elefante, unha xirafa ou unha humilde hiena e o corre para fóra a trompazo limpio. Animaliños...

Gracias a Deus para os sentidos (olfativo, visual, común) a modalidade do running sinxelo e corrente, foi a que deron en practicar con soberbio éxito participativo e organizativo máis de 400 persoas na mañán do esplendoroso domingo 9 de marzo de 2014 en Camariñas. Tratábase da III Carreira Popular de Camariñas, pioneira das que logo virán no Circuito Correndo pola Costa. Gracias á implicación dos traballadores municipais e duns cantos negocios do noso concello a carreira resultou ser un éxito rotundo facendo bo o legado do lexendario Juan Manuel Cabrejo Pasantes, o concelleiro visionario que dou en organizar a primeira carreira pedestre da historia de Camariñas. Con eses antecedentes, era normal que todo saíse a perfección e unha manada de visitantes foráneos ansiosos por practicar deporte de nivel se deran cita nas nosas terras. Sendo esto así, non podía por menos de facer acto de aparición polo circuito Camarinas.eu e inmortalizar para a posteridade o evento en cuestión e facelo chegar aos catro rincóns do mundo cun espectacular entrante de 70 fotografías da máis alta calidade, deixando para os fanáticos do running outra poderosa remesa de imaxes para publicar en diegoalonso.es.

Imaxes nas que, vaian a saber vostedes por que non aparece ningún hipopótamo corrido literalmente a gorrazos de certo partido político, a súa derradeira guarida. E sen embargo mira que lle facía falta un pouco de exercicio ao pobre animaliño...

Engadir un comentario