1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Nova xornada dos nosos equipos onde unha xornada máis, tivemos resultados de todo tipo. No fútbol o Camariñas perdeu un encontro no que o colexiado influiu no resultado cun arbitraxe moi caseiro, a can fraco todo son pulgas. Camelle e Porteño conseguiron empatar os seus encontros en Carnota e Outes respectivamente, sumando un valioso punto cada un dos nosos conxuntos. No balonmán, o equipo masculino gañou en Moaña nun partido onde os locais parecía que estaban xogando a outro deporte de loita, mentras que as espartanas viaxaron ata Ferrol para só xogar 13 minutos de encontro, a pista estaba mollada e as nosas querían xogar xa que viaxaran ata Ferrol, pero as locais non quixeron seguir cando o marcador era favorable as nosas por 6 goles a 8.

 FÚTBOL


PRIMEIRA REXIONAL
BERTAMIRÁNS B 2-1 CAMARIÑAS
Derrota do Camariñas de Berto que se lle escapou un punto nos minutos finais, pois a falta de 2 minutos o resultado era de empate a un gol. Non mereceu caer derrotado o Camariñas nun partido onde empezou moi mal, facilitándolle as xousas ao rival, pero sobrepúxose e tivo máis opcións de gañar e donde o árbitro perxudicou ao conxunto Camariñán sobre todo no treito final do partido onde non quixo pitar un penalti clamoroso a favor dos nosos. O gol do Camariñas foi obra de Brais.
A situación cada xornada é máis complicada e mesmo os que dirixen o equipo xa falan con pesimismo e ven o futuro moi negro, pero mentras haxa vida hai esperanza a pesar de que as xornadas pasan e a situación non mellora. A vindeira xornada o Camariñas ten unha auténtica final, visita ao Amio.

SEGUNDA REXIONAL. LIGA DA COSTA
OUTES 1-1 PORTEÑO
Partidazo tremendo o que fixeron os homes do Roski en Outes onde lograron traer un puntiño que soubo a pouco despois das ocasións das que dispuxeron os da Ponte do Porto sobre todo no treito final do encontro. Tras unha primeira metade onde o Outes dominou un pouco máis e se adiantou no marcador, o Porteño sacou o rodillo e pasou por encima dun rival que non sabía como conter ao Porteño, pero o gol non chegaba, mesmo o porteiro local paraba un penalti para a desesperación dos do Roski.
Tanto foi o cántaro á fonte que no minuto 89, Cristian facía o tanto do empate para o Porteño que mereceu a victoria. Suma un puntiño máis o Porteño para situarse nunha posición cómoda da táboa clasificatoria. A próxima xornada o Porteño recibe ao Volantes de Baño.

CARNOTA 1-1 CAMELLE
Empate do Camelle de Pupus ante un conxunto complicado como o Carnotán e donde se voltou a demostrar que se o Camelle ten o plantel ao completo, é capaz de plantarlle cara a calquera.
Chegaba o Camelle a Carnota con gañas despois dos últimos encontros onde a falta de efectivos mermou a un equipo que merece estar máis arriba na clasificación e logrou traer un punto nun partido disputado, vistoso e con ocasións de uns e outros, onde Barreiro adiantaba aos Camelláns pero o Carnota conseguiría empatar un encontro que finalmente remataría en táboas. Toca facer bo este puntiño gañando no Rodeiro ao próximo rival, ao Outes.

OUTROS RESULTADOS FUTBOLÍSTICOS
LIGA XUVENIL - Non houbo xornada polo parón de carnaval e a vindeira temos derbi, Porteño vs Camariñas
LIGA CADETE - OUTES 5-1 AS BALEAS (A próxima xornada As Baleas reciben ao Coristanco)

LIGA DE VETERÁNS
PRIMEIRA DIVISIÓN - CAMARIÑAS 0-2 CORISTANCO (A próxima xornada o Camariñas xoga en Dumbria)
SEGUNDA DIVISIÓN - PONIENTE 0-3 CAMELLE (A vindeira xornada o Camelle recibe ao Vimianzo) - CORME 0-3 PORTEÑO (A próxima xornada o Porteño recibe ao Agualada)

BALONMÁN


PRIMEIRA AUTONÓMICA FEMENINA
FERROLTERRA 6-8 BALONMÁN CAMARIÑAS (suspendido)
Partido que se suspendeu cando iban 13 minutos de xogo e as Espartanas Camariñanas gañaban por seis goles a oito debido a que a pista estaba moi húmeda e as locais non quixeron continuar pese a que as nosas si querían seguir xa que fixeran moitos kilómetros para xogar o partido e así non ter que voltar, pero os colexiados fixéronlle caso as de Ferrol e as Karen, Sara e compañía tiveron que vir de volta sen rematar o encontro. Queda poñer unha data para rematar o partido. A próxima xornada as Camariñanas visitan ao Teucro.

PRIMEIRA AUTONÓMICA MASCULINA
BALONMÁN MOAÑA 25-29 BALONMÁN CAMARIÑAS
Victoria dos de Moncho nun partido  onde os locais xogaron con moita dureza, unha dureza fora do normal e permitada por uns colexiados que novamente e xa van moitas, perxudicaron os intereses dos Camariñáns ainda que desta vez, os nosos truxeron os tres valiosos puntos de Moaña.
Lamentar a violencia dos locais que provocaron as lesións de Fari e Diego, e repartiron leña a diestro e siniestro, mesmo Catalán recibía un cobadazo na cara sen estar o balón en xogo. Toca recuperarse e pensar xa no seguinte rival que será o Balonmán a Cañiza que visitará o Pavillón do Areal.
 
Isto foi todo canto dou a a xornada onde novamente e coma sempre, CAMARINAS.EU contouvos todo canto aconteceu cos nosos conxuntos.

Comentarios   

Moncho de Dios
+2 # perdon a los del futbolMoncho de Dios 07/03/2014 17:38
Estoy pensando en nuestros MARIÑEIROS ,lo primero es darle mi apoyo aunque nada mas sea moral y decirles que estamos con ellos ,que compartimos sus inquietudes,que no somos menos que ningún pueblo y que si somos todos iguales ante la ley también lo tenemos que ser en otras labores de la vida,decirles que no se desanimen ,tenemos que entrar en una época de colaboración total ,me da igual que seas de un partido o de otro eso al final es una puta mierda ,primero es la dignidad de las personas,su futuro .que no nos quiten mas cosas ,estoy con los MARIÑEIROS,
Responder | Denunciar ante o administrador
PARDIÑAS
0 # RE: A Xornada de Juanillo 02/03/2014PARDIÑAS 07/03/2014 19:24
ELES DEBEN DE SABER MOI CLARO O QUE AQUI COMÉNTASE ,QUE ESTAMOS TODOS DE CAMARIÑAS CON TODOS Os MARINEROS ,FORMA PARTE DA nosa VIDA E É A nosa VIDA NA MAYORIA DOS CASOS ,POLO TANTO AXUDARLLES EN TODO O QUE PODAMOS ,SI POR ALGO HAI QUE MANIFESTARSE ESTA É UNHA
Responder | Denunciar ante o administrador