1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Nova xornada deportiva onde casi houbo pleno de victorias dos nosos conxuntos, onde venceron todos agás o Camelle que perdeu o seu encontro pero gañou a afición da Costa para a súa causa, xa que tan só puido contar con dez homes para o partido ante o líder da categoría como era o Sofán e perdendo por cero goles a catro demostrou o corazón que ten ese equipo tratando de remontar un partido imposible pero marcando dous goles  xunto a unha afición de dez, que nunca deixou de animar aos seus a pesar da derrota. Chapeau!!!. O Camariñas deu a campanada goleando ao líder e dando mostras de que quere saír do pozo. O Porteño voltou á senda da victoria vencendo ao Carnota nun gran encontro que se decidiu no desconto. No balonmán, as Espartanas Camariñanas deron unha lección de xogo e seguen asombrándonos xornada tras xornada mentras que o equipo de Moncho, gañou con apuros ao Conxo e sube postos na táboa clasificatoria.

FÚTBOL


PRIMEIRA REXIONAL
CAMARIÑAS 4-1 NOIA
Gran victoria do Camariñas de Berto que deu a sorpresa da xornada ao vencer ó líder, o Noia por un contundente catro a un.
Sairon moi enchufados os Camariñáns como se da última oportunidade se tratase de aferrarse á primeira rexional e en media hora sobresainte, xa gañaban por catro goles a cero a un líder que pensou de gañar o partido sen baixarse do autobús.
Os goles do Camariñas foron obra de Pirucho, David de Muxía en duas ocasións e de Marío Toja.
Pese a victoria a situación do Camariñas segue sendo moi complicada, segue penúltimo, a un punto do antepenúltimo e a tres da teórica salvación se non hai arrastres.
Toca confirmar a victoria e para elo os Camariñáns teñen que puntuar na saída a Bertamiráns na que se enfrontarán ao Bertamiráns B.

SEGUNDA REXIONAL. LIGA DA COSTA
CAMELLE 2-5 SOFÁN
Derrota do Camelle de pupus ante o líder, pero unha derrota de mérito. O de este Camelle é para sacarse o sombreiro!. Debido as sancións e as lesións, o Camelle só puido contar con 10 homes, e con Carlos de Dido, un defensa reconvertido a porteiro, e pese a ir perdendo por cero goles a catro, o Camelle sacando orgullo, rabia, carácter.... seguiu loitando e logrou meter dous tantos obra de Sergio, que fixo as ledicias dunha afición que é das mellores da costa e así o volveu a demostrar o pasado sábado no Rodeiro.
Necesita recuperar efectivos o Camelle para escalar posicións na táboa clasificatoria e así escapar dos postos perigosos da clasificación.
A próxima xornada o Camelle xoga en Carnota.
PORTEÑO 3-2 CARNOTA
Victoria do Porteño do Roski nun partido cun final de infarto, no que os da Ponte do Porto se levaron tres puntos no desconto.
Gran partido disputado de poder a poder, donde cando un equipo tiña unha ocasión o outro respondía con outra, un toma e daca constante que por sorte e nos derradeiros minutos, caeu de lado do Porteño.
Carlos do Meu lar con dous goles poñía por diante duas veces a un Porteño que via como o Carnota empataba en duas ocasións. Sería Ismael ao transformar unha pena máxima no minuto 92, quen lle daría a victoria aos do Roski. Tres puntos moi valiosos para afastarse da zona de perigo.
A vindeira xornada o Porteño xoga en Outes.

COPA DA COSTA XUVENIL
CAMARIÑAS 1-0 CORISTANCO ( A próxima xornada o Camariñas xoga o derbi ante o Porteño)
CASTRIZ 3-2 PORTEÑO ( A próxima xornada o Porteño recibe ao Camariñas)

LIGA CADETE

AS BALEAS 0-5 MUXÍA ( A vindeira xornada As Baleas xogan en Outes)

LIGA DE VETERÁNS
PRIMEIRA DIVISIÓN - CABANA 4-1 CAMARIÑAS ( A próxima xornada o Camariñas recibe ao Coristanco)
SEGUNDA DIVISIÓN - PORTEÑO 1-0 LEILOIO ( A vindeira semana o Porteño descansa)
SEGUNDA DIVISIÓN - CAMELLE 2-2 DEP. CARBALLO ( A próxima xornada o Camelle visita ao Poniente)

BALONMÁN


PRIMEIRA AUTONÓMICA FEMENINA
BALONMÁN CAMARIÑAS 23-19 S.A.R.
Victoria das Espartanas Camariñanas que venceros as de Redondela nun gran partido dende o pitido inicial ata o pitido final.
A defensa Camariñana foi un auténtico muro infranqueable para as xogadoras do S.A.R. que vian como unha e outra vez eran incapaces de perforar a portería Camariñana, esta boa defensa unida aos rápidos contragolpes, provocaros que as bravas espartanas escaparan no marcador e chegaran ao final do partido cunha cómoda ventaxa que puido ser máis ampla pero na segunda metade baixou a efectividade en ataque do conxunto Camariñán.
Destacar a gran actuación de Karen, a portería defendida por ela, fíxoselle moi pequena para unhas visitantes que viron como Karen paraba unha e outra vez cada balón que lle chegaba. Tamén salientar os once goles de Sara Carril, demostrando unha vez máis a gran calidade que atesoura e moi ben acompañada por todo o plantel. Chapeau rapazas!!!
Colócanse quintas as Camariñanas a unha sóla victoria do S.A.R.
A vindeira xornada as nosas visitan ao Ferrolterra.

PRIMEIRA AUTONÓMICA MASCULINA
BALONMÁN CAMARIÑAS 26-24 BALONMÁN CONXO
Gran partido o que se viu no pavillón do Areal onde os de Moncho acadaron unha valiosísima victoria que fai que os Camariñáns ascendan a quinta posición da táboa clasificatoria empatados cos cuartos clasificados.
Dou máis traballo do esperado a victoria sobre o Conxo, un conxunto que moveu moi ben o balón e que apretou aos conserveiros que tiveron que dalo todo para gañar un partido cun final moi apretado.
Gran actuación de Fari e de Borja que foi o máximo realizador con 9 goles.
A próxima xornada os Camariñáns xogan en Moaña ante o equipo anfritión.

Isto foi todo canto dou a xornana, unha xornada na que coma sempre CAMARINAS.EU contouvos todo canto aconteceu cos nosos equipos.

Comentarios   

MANDALOS A NOYA
+2 # RE: A Xornada de Juanillo 23/02/2014MANDALOS A NOYA 26/02/2014 17:19
Foi unha boa pena ese gol encaixado por a nosa porteria ,pois daquela nunca mellor dito o de madalos a Noya,son destas cousas que un non entende no mundo do futbol o perder na casa co derradeiro e ganarlle o primeiro ,eso tamen nos enche de leticia
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.