No que concerne á literatura deportiva, o xornalismo español chegou a cotas difícilmente superables en canto abxección, dobre moral, fariseísmo, campañas orquestadas e información interesada. Unha recente publicación facía reconto das portadas adicadas nos dous diarios deportivos madrileños a Iker Casillas e Diego López dende o xusto momento en que o galego fichaba polo Real Madrid: 55 a 5 a favor do Gran Topo Branco, que no caso do diario do grupo Prisa "As" chegaba directamente a 40 a 0. Corenta portadas en 365 días para un suplente. Pero se en Madrid dun tempo a esta parte a prensa anda únicamente interesada en mangonear presidentes brancos, finiquitar adestradores e promocionar nenos bonitos, esto é, adueñarse da xestión do club, ante o escándalo sen precedentes dunha fichaxe como a de Neymar onde se mentío ao socio, se defraudou a Facenda e se incumpriron innumerables leies de ámbolos continentes, a prensa deportiva catalana preferío pechar filas, envolverse na bandeira de Cataluña, crear unha cortina de fume e culpar ao sempiterno centralismo caverno-opresor, sospechoso habitual nestas lides, porque pode que os culpables foran un pouco ladróns, eso sí, pero non deixaban de ser "un dos nosos". Tal que Félix Millet no latrocinio do Caso Palau ou o xa clásico de Jordi Pujol no de Banca Catalana: o de sempre. Pero aquí, no caso que nos ocupa, estamos a falar de catro dos dez diarios máis leídos de España, aos que cabería engadir os akelarres radiofónicos diversos e os sálvames futboleros televisivos.

Maxaderías como as anteditas tamén poden atoparse na prensa local, non hai que irse ata Madrid ou Barcelona: non hai moito algún decidía descargar a responsabilidade e polo tanto as culpas da desastrosa campaña do FC Camariñas nos hombros de dous rapaces adolescentes. Ahí quedou eso. Sen embargo en ocasións, como excepción a esta lamentable regla de desvergonza, amiguismo, falta de rigor e desinformación, xurden traballos editoriais ben feitos, elaborados dende o cariño, o amor e o respeto polo que non deixa de ser o Deporte Rei: porque o fútbol, ese fútbol que é parte central, idiosincrática, das nosas vidas, está por enriba de toda esta basura interesada que o envolve.

"Mar de Paixón", escrito conxuntamente polo Profesor da Universidade da Coruña Héctor Manuel Pose Porto e o estudioso do fútbol aficcionado Luis Porto, responde a estas características. Froito dun intenso traballo de investigación, dunha exhaustiva labor de recopilación, era presentado este pasado sábado 15 de febreiro de 2014 no Café Bar Arnela. Nun escenario privilexiado, un local que constitúe por dereito propio unha homenaxe ao fútbol, ao fútbol de verdade, o das orixes, un museo ao que foi o mellor futbolista da historia da Costa da Morte, un Juan Manuel Cabrejo Pasantes que dende as paredes do local asistía orgulloso a un libro álbum que reconstrúe a historia do universo futbolístico no que dou os seus primeiros pasos.

Por elo un puñado de vellas glorias dos bos tempos do FC Camariñas (as actuais, as dun cohete sin control cara o descenso) reuníronse para acompañar a Hector Manuel Pose Porto e Luis Porto no Arnela. Entre elas Camuel, o actual alcalde Pichurri ou o noso querido, admirado e idolotrado Juan do Penedo. Precisamente uns días despois xunto a Gelinita levarían un pequeno susto en Dor, do que gracias a Deus non houbo que lamentar maiores consecuencias. E así un dos que nos seus bos tempos máis contribuío a cubrir de gloria os diversos campos da Costa, proxenitor do que sería o seu mellor exponente, poderá sen maiores atrancos seguir lembrando as súas galopadas meteóricas pola banda nun libro necesario, que deixa constancia dunha época e dunha ilusión, a do nacemento do fútbol de competición na Costa da Morte.

Comentarios   

Moncho de Dios
+4 # RE: Presentación no Bar Arnela do libro Mar de PaixónMoncho de Dios 21/02/2014 13:17
El fútbol fue y es para mi uno de los deportes mas completos ,antes en mis tiempos mozos lo tengo pasado muy bien jugando y también viendo el fútbol ,luego sucedió algo raro para mi en la naturaleza del fútbol,que esta lleno de amor de pasión que te envuelve ,fue cuando empezó la bonita historia del Super Depor,ahi ya el fútbol perdio la cualidad de lo que era ,FUTBOL,.Si no eras un buen gallego ,si eras madrileño ,si ...Como si uno no se pudiera enamorar de una de Valladolid.Ya empezaron las discusiones y al final ya no disfrutaba de las bonitas discusiones que teníamos en el Porteño ,ya rápidamente se volvía política o patriotismo.aca bo diciendo repitiendo el respeto que merecen todas las personas sean del equipo que ellos quieran .En lo referente a este libro ,digo lo de siempre todo lo que sea de nuestra historia en el ramo que sea ,bienvenido sea
Responder | Denunciar ante o administrador
Juan Ramon Alvarez
+2 # RE: Presentación no Bar Arnela do libro Mar de PaixónJuan Ramon Alvarez 21/02/2014 18:06
Dejando aparte la política en el furbol ,si tiene su reconocimiento como uno de los entretenimiento s mas grandes ahora ya son muchas las mujeres a las que ves en el futbol es una buena forma de pasar una buena tarde para luego venir para casa contentos o un poco tristes a mi siempre me gusto y lo pase bien
Responder | Denunciar ante o administrador
UN PORTEÑO
+3 # RE: Presentación no Bar Arnela do libro Mar de PaixónUN PORTEÑO 21/02/2014 18:58
Cando vexo a estes xogadores caer no campo e dan voltas e revoltas sempre penso no mesmo ,xa ías caer asi en algun campo da Costa dá Morte ,como cando eu xogaba no campo da Grixa no Porteño ,anda que ías quedar bonito ,agora caen nunha alfombra de herba e cambia pero como che quedaban os xeonllos ,ás veces chegabas e despois non eras capaz de bailar de noite ca rapariga dos teus namoramentos
Responder | Denunciar ante o administrador
Beldoña
+2 # RE: Presentación no Bar Arnela do libro Mar de PaixónBeldoña 22/02/2014 09:40
E, ¿ que podo dicir eu do fútbol ...? Se o fútbol foi e segue sendo o pan noso de cada día. Os que dende rapaces tivemos a sorte de poder xogar e gozar dese deporte rei, sabémolo ben cantas horas de ledicia aportou ás nosas vidas.
Juanillo, Manolo de Camuel, Juan do Penedo, ou o meu propio irmán Manel,... así como tantas e tantas outras figuras destacadas deste deporte rei, foron baluartes e referentes dunha época pasada que segue estando moi presente nas nosas vidas.
Tampouco quixera deixar de mencionar a alguén que leva na súa sangue o fútbol, adicándolle unha boa parte da súa vida. Este é DON VICENTE CARRIL LEMA. Todo un referente de constancia, dedicación e bo facer... Figura clave do deporte de masas no noso pobo.
E, naturalmente dar, tamén, e,sobre todo, os meus parabéns aos autores deste libro MAR DE PAIXON, a Don HECTOR MANUEL POSE e A DON LUIS PORTO, e a cantos fixeron posible súa publicación.
Antonio Puertas
Responder | Denunciar ante o administrador