1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Fin de semana marcada polo temporal de vento e choiva que aslou Galicia e que provocou que se sespendesen numerosos partidos, entre eles os dos nosos equipos, Porteño e Camelle, que aprazaron o seu encontro debido ao mal estado dos terreos de xogo da Grixa e do Rodeiro. O Camariñas de Berto non levanta cabeza e caeu estrepitosamente na casa diante do Agolada que fai que cada xornada o Camariñas esté máis preto do descenso a pesar de que os seus rivais estanlle dando vida xa que tampouco gañan, o Camariñas é último empatado a puntos có Ponteceso. Pleno de victorias no balonmán, tanto o conxunto masculino como o femenino do Balonmán Camariñas, gañaron sendos encontros e sumaron tres puntos para seguir aspirando a meterse nos postos de honra da clasificación.

FÚTBOL

PRIMEIRA REXIONAL
CAMARIÑAS 0-4 AGOLADA
Derrota clara e contundente dos de Berto, nun partido no que parece que o temporal de vento e choiva deixou sen ideas ao equipo Camariñán que pese a xogar cun home máis toda a segunda metade e con empate a cero, non foi capaz de conter a un rival que lle pasou por encima.
Tras unha primeira metade de toma e daca, na que o Camariñas puxo un pouco máis do seu lado para marcar algún gol, chegábase ao descanso có resultado de empate sin goles.
Na segunda metade, os visitantes sufrían a expulsión dun xogador e parecía que todo se lle poñía de cara ao Camariñas, pero non foi así, o Agolada non notou a expulsión e goleou a un Camariñas sen ideas e sen reacción.
Está a situación moi complica, pois o Camariñas leva unha tempada na que nunca gañou dous partidos seguidos, é máis, tan só sumou un punto a domicilio e deste xeito manter a categoría parece unha tarea imposible. Tan só se poden agarrar os da terra do encaixe, a que esta primeira rexional na parte baixa da clasificación é de pouca calidade, e os rivais directos tampouco gañan, dándelle deste xeito vida a un Camariñas que está deixando pasar moitas oportunidades para sair do pozo.
O Camariñas é pechacancelas xunto ao Ponteceso con 17 puntos, tres máis teñen Lamela e Sigüeiro, éstes últimos cun partido menos.
A vindeira xornada o Camariñas xoga en Padrón diante do Flavia.

SEGUNDA REXIONAL. LIGA DA COSTA
PORTEÑO
Non se disputou o encontro entre Porteño e Fisterra debido a que o terreo de xogo do campo da Grixa estaba impracticable. A próxima xornada o Porteño visita ao Sofán.

CAMELLE
Tampouco disputou o seu partido o Camelle debido a que o campo do Rodeiro estaba en mal estado.
A vindeira xornada o Camelle visita ao Fisterra.

COPA XUVENIL
Comeza o vindeiro fin de semana a copa da costa xuvenil onde o CAMARIÑAS recibe ao Coristanco e o PORTEÑO visita ao Castriz.

LIGA CADETE
AS BALEAS
Aprazouse o partido que tiña que disputar As Baleas en Cee debido ao mal tempo. A próxima xornada As Baleas xoga en Esteiro ante a Esteirana.

LIGA DE VETERÁNS - PRIMEIRA DIVISIÓN
SONEIRA 9-1 CAMARIÑAS (A vindeira xornada o Camariñas recibe ao Zas)
LIGA DE VETERÁNS - SEGUNDA DIVISIÓN
CAMELLE 2-0 CERQUEDA (A próxima xornada o Camelle xoga en Buño)
AT. MILAGROSA 2-0 PORTEÑO (A vindeira xornada o Porteño recibe ao Erbecedo)

BALONMÁN

PRIMEIRA AUTONÓMICA FEMENINA
BALONMÁN CAMARIÑAS 22-15 CORETI LALÍN
Victoria das Camariñanas de José Ramón nun partido trampo ante un rival que si se miraba a clasificación paracía ser un rival fácil, pero que a xornada anterior dera a sorpresa gañándolle a un dos galiños da categoría.
Non se deixaron sorprender as nosas, e dende o pitido inicial foron a por unhas rivais que se viron superadas polo poderío Camariñán.
Son quintas as nosas espartanas con 12 victorias un empate e 5 derrotas, 25 puntazos para quedar a unha diferencia de 7 respecto ao líder, o Porriño.
A vindeira próxima xornada as Camariñanas visitarán ao Caselas

PRIMEIRA AUTONÓMICA MASCULINA
BALONMÁN CAMARIÑAS 37-35 BALONMÁN PONTEDEUME
Vicotia dos home de Moncho nun partido de moitos goles, onde os ataques superaron constantemente as defensas de ahí ao resultado final que se deu no elctrónico onde se sumaron ata 72 goles.
Foi unha victoria moi traballada onde os Camariñáns tiveron que suar para desfacerse dun correoso rival como foi o Pontedeume.
Está situado na sexta posición o Camariñas con 7 victorias e 6 derrotas, suma 14 puntos mentres que o líder, o Balonmán Cañiza ten 22.
A vindeira xornada o Camariñas visita ao Poio-Artai, segundo clasificado.

Isto foi todo cando dou a xornada na que coma sempre, CAMARINAS.EU contouvos todo canto sucedeu cós nosos equipos.

Engadir un comentario