- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 05 Febreiro 2014 05 Febreiro 2014
Nefasto fin de semana de resultados para os nosos equipos onde tan só o Camariñas foi o único equipo que conseguíu un resultado positivo, un empate no derbi disputado no Platas Reinoso de Baio, o primeiro punto que suma fora da casa nesta tempada. Os demáis partido dos distintos conxuntos do Concello Camariñán, cóntanse por derrotas, Camelle e Porteño perdían nas súas saídas. Mentras que tanto o conxunto masculino como o femenino do Balonmán Camariñas, caían en sendas saídas a terras Pontevedresas. Salientar o comportamento do público Vigués, o do Lavadores có noso equipo, xogadoras, parentes etc, que tiveron que aguantar de todo, escupitajos, insultos....... unha auténtica vergoña que hai que denunciar e decilo ben alto, xa que a mala fama tíñamola en Camariñas pero os equipos vigueses xa quixeran ter a metade da nosa educación.
FÚTBOL
PRIMEIRA REXIONAL
BAIO 1-1 CAMARIÑAS
Empate do Camariñas no derbi disputado en Baio e no que os camariñáns mereceron algo máis xa que contaron con máis oportunidades que os locais, pero as ocasións foron marradas. Primeiro tempo de dominio alterno, onde Mario Toja enviou un balón ao longueiro cando o marcador era de cero a cero, poidendo adiantar ós de Berto que estaba necesitado dunha victoria urxente. Cando todo parecía indicar que se iba a chegar ao descanso con empate sen goles, marcaba o Baio xusto antes do pitido do final do primeiro tempo.
Na segunda metade, o Camariñas saleu a por todas, en busca da remontada, pero o gol non chegaba a pesar de ter algunha que outra opción para marcalo. Sería a falta de once minutus cando a saida dun córner, Pirucho marcaba o tanto que facía táboas no elctrónico e que lle permitían sumar ao Camariñas un puntiño, o primeiro fora da casa desta tempada. Segue penúltimo o Camariñas que necesita unha victoria coma o comer. A vindeira xornada o Camariñas recibe ao Agolada.
SEGUNDA REXIONAL. LIGA DA COSTA
CABANA 2-0 PORTEÑO
Derrota do Porteño do Roski en Cabana nun partido xogado de poder a poder e que finalmente gañou o conxunto que acertou de cara a gol, e ese equipo por desgracia para os nosos intereses foi o Cabana.
Saleu o Porteño sen complexos ante un rival necesitado, que lle puxo moitas gañas sobre o terreo de xogo, pero o Porteño non se amedentrou e respondía con accións que buscaban a portería local, pero faltaba o importante, acertar de cara a gol.
Na segunda metade, o Cabana acadaba o primeiro pero os do Roski non se viñeron abaixo e seguiron pelexando e tratando de empatar o partido pero cando parecía que o un a un estaba preto, o Cabana marcaba o segundo e sentenciaba o choque.
Con esta derrota o Porteño cae ata o undécimo posto da táboa clasificatoria con 27 puntos,12 por enriba dos postos de descenso e a 18 dos postos de ascenso. A próxima xornada o Porteño recibe ao Fisterra.
CORCUBIÓN 2-1 CAMELLE
Derrota do Camelle de Pupus que perdeu ante o colista pola mínima nun partido duro onde houbo moitas expulsións. Saiu o Camelle a por todas queréndose levar o partido e mesmo se adiantou no marcador cun gol de Matías que marcaba dende lonxe. Os locais empregábanse con dureza e o partido voltouse brusco por momentos. Antes do descanso, o Corcubión marcaba un gol dos chamados psicolóxicos e o Camelle a parte de recibir o gol, perdía a Riveiro por lesión, unha baixa que se notou.
Trala reanudación, os locais volvían a marcar pronto e remontaban así un partido que o tiñan costa arriba. Chegaron as expulsións, tres locais expulsados mentres que o Camelle quedaba se Barreiro tamén expulsado. Os últimos minutos de partido o Camelle intentouno por tódolos medios, pero un Corcubión no que estaban colgados do longueiro como se dí coloquialmente, aguantou as embestidas visitantes e levouse os tres puntos. A vindeira xornada o Camelle terá moitas baixas nun partido no que recibe ao Cabana, un rival que ten un punto máis que o Camelle (22 teñen os camelláns), de ahí que unha victoria sexa moi importante para pasar a un rival directo e para distanciarse có descenso ao que agora mesmo teñen a sete puntos.
OUTROS RESULTADOS DE FÚTBOL
LIGA XUVENIL
PORTEÑO 0-1 CORISTANCO (Rematou a liga e o Porteño acabou colista con 9 puntos na tempada do seu estreo como equipo xuvenil)
CABANA 2-2 CAMARIÑAS (Remata o Camariñas a liga con 21 puntos na séptima posición da táboa clasificatoria)
LIGA CADETE
AS BALEAS 1-7 CABANA (A próxima xornada As Baleas xogan en Cee)
LIGA DE VETERÁNS
PRIMEIRA DIVISIÓN
CAMARIÑAS 2-4 SAN ROMÁN (A vindeira xornada o Camariñas visita ao Soneira)
SEGUNDA DIVISIÓN
CORCOESTO 2-0 CAMELLE (A próxima xornada o Camelle recibe ao Cerqueda)
PORTEÑO (Descansou o Porteño que xaga a domicilio a vindeira xornada conta o At. Milagrosa)
BALONMÁN
PRIMEIRA AUTONÓMICA MASCULINA
RASOEIRO 34-24 BALONMÁN CAMARIÑAS
Derrota dos homes de Moncho que caeron con contundencia ante o Rasoeiro por dez goles de ventaxa. Non fixeron un bo partido os Camariñáns e non entraron en ningún momento no partido e a pesar de que intentaron que o rival non se marchase no marcador para chegar con algunha opción ao final do partido, non o puideron conseguir.
Caen ata a sexta posición os conserveiros e os postos de ascenso quedan un pouco máis lonxe, pero mentras hai vida hai esperanza e hai que seguir ata o final. A vindeira xornada os nosos reciben ao Balonmán Pontedeume.
PRIMEIRA AUTONÓMICA FEMENINA
LAVADORES 29-17 BALONMÁN CAMARIÑAS
Derrota das camariñanas en Vigo nun partido onde ao igual que lle pasou ao conxunto masculino, as nosas nunca se sentiron cómodas na pista e nunca foron capaces de parar as Viguesas que estiveron máis atinadas en ataque e iso foi clave. Intentaron as nosas Espartanas que as locais non se fosen no marcador pero foi tarea imposible.
Salientar o mal comportamento do público Vigués, demotrando unha mala educación e unha falta de respetoco as nosas xogadoras e có público Camariñán que se desprazou ata Vigo e que tivo que aguantar de todo.
Parece que os da "city" presumen de cousas que non teñen e esa mala fama que nos queren poñer aos Camariñáns non é tal comparando as "esquisiteces" dun público, o Vigués do Lavadores que dou pena, parecendo doutra época, dunha tribu ou algo parecido. A próxima xornada as nosas reciben ao Coreti Lalín.
Isto foi todo canto dou a xornada. Coma sempre, a web que vive o deporte, CAMARINAS.EU, contouvos todo canto aconteceu cos nosos conxuntos.
Comentarios
En este sentido ha recordado que los estatutos del PP se cambiaron para facilitar "que se presente la gente" y ha subrayado que hay que "dejar opinar a la militancia porque son los que mejor saben quién puede conseguir más votos, ya está bien de mangonear".
AQUEL QUE QUIERA VENDER QUE NO HAY CORRUPCION EN LOS PARTIDOS INDEPENDIENTES A ALGUIEN ESTA ENGAÑANDO
Y lo que hemos votado según programa electoral del PP: 27/10/2011 >> "Establecer una reducción para microempresas y autónomos en el impuesto de sociedades de 5 puntos, hasta el 20%, que se debe trasladar igual al IRPF". http://www.pp.es/actualidad-noticia/rajoy-anuncia-medidas-sobre-emprendedores-fiscalidad-financiacion-empleo_5726.html
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.