1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Continúa Camarinas.eu colaborando activamente coas iniciativas de todas as asociacións e clubes deportivos do Concello de Camariñas. Desta volta son os nosos queridos amigos do CB Camariñas Conservas Boya os que están a ultimar todos os detalles da próxima Festa do Entroido que o club camariñán ten previsto organizar este primeiro de marzo de 2014 a partir das 22:00 horas. Unha festa de unión e amizade entre todos os afeccioados ao deporte do balonmán que terá tamén unha vertente gastronómica coa degustación dun exquisito cocido que terá un precio de 5 euros para os nenos e para os adultos 20. Ademáis, durante esta festa haberá xogos, hinchables e un concurso de disfraces para os nenos. Despois será o turno do grupo musical que amenizará a velada e xa para rematar, os máis festeiros serán agasallados polo CB Conservas Boya cunha Discoteca Móvil ata altas horas da madrugada. Unha boa iniciativa do conxunto deportivo camariñán que terá, como ven sendo habitual nas iniciativas de todas as asociacións do concello que así no lo fagan saber, unha cobertura completa por parte de Camarinas.eu.

Engadir un comentario