1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

 
Xornada marcada pola debacle do Camariñas que levou un set ante o penúltimo clasificado, o Puebla, nun partido penoso que demostra que ou hai cambios no clube ou o camiño de volta a liga da costa pode estar máis cerca. O Camelle perdeu en Mazaricos un partido no que non lle deron por válido un gol que traspasara a liña de meta. Non está tendo sorte coas arbitraxes o conxunto Camellán. O Porteño plagado de baixas e no que debutaron 4 xuvenís, sacou un valioso punto na casa do Zas. No refente ao balonmán, decir que non se disputou partidos de liga debido a que houbo parón ligueiro.

FUTBOL


PRIMEIRA REXIONAL
PUEBLA 6-1 CAMARIÑAS
Derrota con maiúsculas do Camariñas de Berto que caeu estrepitosamente diante do penúltimo clasificado o Puebla e volta de novo a postos de descenso.
Foi un partido no que o Camariñas comezaría perdendo e que o empataría antes do descanso cun gol de penalti transformado por Mario, pero cando parecía que se iba a chegar ao descanso con empate a un gol, os locais conseguirían marcar o segundo.
Tras o descanso tan só houbo un equipo no terreo de xogo e ese equipo por desgracia, foi o Puebla que pasou por encima dun Camariñas sin norte, que non sabía como contrarrestar o vendabal local e que foi incapaz de frear a un conxunto que lle puxo máis de todo para levarse o partido.
Pasan as xornadas e o Camariñas ainda non foi capaz de sumar fora da casa cando quedan poucos partidos para rematar a primeira volta, ese é un dos motivos polos que o conxunto Camariñán está donde está.
O camiño para lograr a salvación aínda é posible, pois quedan moitas xornadas e hai equipos que están moi preto na clasificación, pero o Camariñas necesita urxentemente cambiar a dinámica, ten que haber un cambio de rumbo, pois o marcado ata o momento non é o correcto e outras tempadas, sen ir mais lonxe, a pasada, o clube tomou decisións que quizais tería que tomar hoxe en día, pero os responsables do clube saberán o que teñen que facer e eles son os que toman decisións que consideran son as mellores para un clube que non está a pasar polo seu mellor momento.
A vindeira xornada o Camariñas recibe ao Unión de Asados.

LIGA DA COSTA. SEGUNDA REXIONAL.
ZAS 0-0 PORTEÑO
Empate con sabor a victoria o que se levou o Porteño do Roski xa que acudía a un campo difícil, o do terceiro clasificado, o do Zas,  cun equipo plagado de baixas, no que tivo que botar man de ata 4 xuvenís, e logrou empatar sen goles no elctrónico ante un dos conxuntos que mellor en forma se encontra actualmente na categoría. Foi un partido que o Roski plantexou de maneira brillante, cun Porteño replegado, traballando moi xunto defensivamente en tódalas liñas e tratando de sorprender ao rival á contra.

O plantexamente tivo éxito, xa que os locais non conseguiron enlazar boas accións e non tiveron ocasións de gol durante todo o encontro agás unha que parou moi ben o meta do Porteño Bonano. Un novo puntiño para o Porteño que vai sumando pouquiño a pouco e xa conta con 18 puntos que o sitúan na décima posición da clasificación. A próxima xornada o Porteño recibe ao Independiente de Carballo.

MAZARICOS 2-1 CAMELLE
Derrota do Camelle de Pupus en Mazaricos nun encontro no que novamente o Camelle veuse perxudicado por unha actuación arbitral que non dou por válido un gol que traspasara a liña de meta e que suporía o empate no marcador e a posibilidade de sumar un valioso punto.

Non foi un dos mellores partidos do Camelle pero pese a todo, adiantaríase no marcador aos cinco minutos de partido por mediación de Matías, que rematou ao fondo das mallas unha xogada a balón parado. Parece que o gol espoleou aos locais porque fóronse arriba e conseguiron embotellar ao Camelle pero por fortuna para os Camelláns, non conseguiron marcar chegando ao descanso có marcador de cero goles a un.

Tralo descanso, o Mazaricos tiña máis posesión pero non facía moito perigo, parecía que o Camelle tiña dominada a situación e sen embargo foi cando os locais en dez minutos, conseguían darlle a volta aio marcador conseguindo marcar dous goles.
Foi no último treito de partido cando se estriou o Camelle en busca do empate pero non foi posible a pesar de que anotou un gol, pois o balón de Sergio traspasara a liña de meta pero o colexiado non dou validez a un gol claro, que o viron todos menos o trencilla do encontro que novamente e fixadevos vós que casualidade, voltou a tomar unha decisión en contra do Camelle, privándolle dun puntiño que pode ser moi valioso ao final de tempada. O Camelle é décimoterceiro clasificado con 12 puntos. A vindeira xornada o Camelle recibe ao Zas.

MÁIS RESULTADOS FUTBOLEROS


LIGA XUVENIL
PORTEÑO 3-5 CABANA (A próxima xornada o Porteño xoga en Muxía)
CASTRIZ 3-1 CAMARIÑAS (A vindeira xornada o Camariñas recibe ao Ponteceso)
LIGA CADETE
CORCUBIÓN 2-9 AS BALEAS (A próxima xornada As Baleas xogan en Santa Comba)
LIGA DE VETERÁNS
PRIMEIRA DIVISIÓN - MUROS 3-0 CAMARIÑAS (A vindeira xornada o Camariñas recibe ao Baio)
SEGUNDA DIVISIÓN - DEP. CARBALLO 0-4 PORTEÑO (A próxima xornada o Porteño recibe ao Poniente)
CAMELLE (Descansou esta xornada, a vindeira xogan a domicilio ante o At. Milagrosa)

Isto foi todo canto dou a xornada, como sempre CAMARINAS.EU contouvos todo canto sucedeu cos nosos equipos. CAMARINAS.EU a web que vive o deporte!!!!!


 

 

Comentarios   

vai mal o conto
+2 # RE: A Xornada de Juanillo - 8 de Decembro de 2013vai mal o conto 10/12/2013 21:07
todos os nosos equipos perderon,esto non vai ben ,temos que entrenar nmais ,e despos janamos
Denunciar ante o administrador
HALA MADRID
+3 # RE: A Xornada de Juanillo - 8 de Decembro de 2013HALA MADRID 10/12/2013 21:35
EL MEJOR EQUIPO DEL MUNDO MUNDIAL ES EL REAL MADRID,mas alla de la estrellas piden la emision de sus partidos ,nos prestan sus satilites para llegar hasta los universos perdidos ,todo y al decir todo me refiero a rodo lo que hay y lo que no hay piden ver a este Madrid que representa los mas altos valores ,ante los cuales todo se vuelve irresistible,AL A MADRID.ALA MADRID,CAMPEONE S CAMPEONES OLE OLE OLEEEE
Denunciar ante o administrador
MIRA LANSE
+1 # RE: A Xornada de Juanillo - 8 de Decembro de 2013MIRA LANSE 11/12/2013 10:50
Fallou un penalti e disque e o millor do mundo,jajaja
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.